Eivissa

Eivissa

Municipio das Illes Balears, situado no sector máis meridional da illa homónima (29.447 h [1996]). A cidade é o centro dunha área comercial que comprende as illas de Eivissa e Formentera. As principais actividades económicas están relacionadas co turismo, principalmente co sector hostaleiro. Nacida coa colonización fenicio-púnica da illa, despois da implantación dos cartaxineses no s V a C foi un centro comercial denso e activo. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, a Cúria e o Museu Arqueològic.