"Eleazar" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Antropónimo de orixe hebrea El’azar (‘Deus axudou’), nome composto por El ‘Deus’ e azar ‘axudar’, e adaptado ao grego e ao latín como Eleazar. Presenta o hipocorístico Laíño. Eleazar é un nome bíblico e levárono diversos personaxes da historia dos xudeus, como o terceiro fillo de Arón, un dos tres valentes do Rei David que loitou contra os filisteos, un sacerdote do tempo de Nehemías, o pai de Xasón, ou un xefe das forzas xudeas que loitaron contra os romanos acaudillados por Flavio Silva. Entre todos eles, destaca Eleazar o Vello, mártir xudeu baixo o goberno de Antíoco IV Epifanes (s II a C). Como nome do Antigo Testamento é frecuente entre cristiáns evanxélicos. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote xudeu, fillo de Onías. Envioulle a Ptolomeo Filadelfo os 72 anciáns que fixeron a tradución ao grego dos libros sagrados hebreos, a Biblia dos Setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote, terceiro fillo de Arón. Consagrado sacerdote por Moisés xunto co seu pai e os seus irmáns, estivo á fronte da tribo de Leví; por esta razón, recibiu o alcume de príncipe dos príncipes dos levitas. Trala morte do seu pai foi investido sumo sacerdote por Moisés, dignidade que quedou vinculada á súa descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xudeu. Foi un dos escribas máis destacados do seu tempo. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos. Xa ancián, foi martirizado (167 a C) pouco antes do levantamento dos macabeos contra a dominación de Antíoco IV Epifanes, rei helenizado de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO