"Estonia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Oriental que limita ao N co golfo de Finlandia, ao L con Rusia, ao S con Letonia e ao O con Mar Báltico. Tamén pertencen a Estonia unhas 1.500 illas, entre as que destacan, polo seu tamaño, Saaremaa e Hiiumaa ao O, fronte ao golfo de Riga (45.227 km2; 1.376.700 h [estim 2000]). Esténdese entre os 58° e 60° de latitude N e os 22° e 28° de lonxitude L. A capital é Tallinn.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Estonia está formada na súa maior parte por unha gran chaira, cunha altitude media de 50 m. O seu cumio máis elevado, o Nunamägi, situado no SL do país, só acada os 318 m de altitude sobre o nivel do mar. O 20% do seu territorio está cuberto por zonas pantanosas. Tamén son importantes os lagos que cobren un 5% da superficie do país, principalmente o Peipus, ao L, que establece a fronteira con Rusia. A rede hidrográfica articúlase a partir dos ríos Narva (que desemboca no lago Peipus), o Pärnu... -
-
-
Relativo ou pertencente a Estonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Estonia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo estoniano.
-
Individuo do pobo estoniano.
-
Pobo da familia finougria, vinculado cultural e lingüisticamente cos fineses do N, que se estableceu na rexión oriental do Mar Báltico ao redor do 4000 a C.
-
-
Lingua que pertence á familia lingüística finougria (grupo baltofinés) do phylum urálico, que se fala principalmente en Estonia e en diversas colonias establecidas ao leste do lago Peipus, en Crimea, na rexión de Samara (Rusia), no Cáucaso, Siberia, Letonia e nos EE UU. Tense documentación dispersa desde principios do s XIII, e o primeiro texto escrito totalmente en estoniano, un catecismo bilingüe alemán-estoniano, é do 1535. Os primeiros textos son relixiosos. En 1637 Pastor H. Stahl publicou a primeira gramática do estoniano, escrita en alemán e baseada no dialecto do norte, destinada ao uso relixioso. En 1648, Pater J. Gutslaff publicou a obra Observationes Grammaticae circa Linguam Esthonicam, que inclúe tamén un dicionario alemán-latín-estoniano, baseada no dialecto do sur. En 1739 traduciuse a Biblia. Ten dous dialectos bastante diferenciados: o setentrional e o meridional. O estoniano estándar, que triunfou no primeiro terzo do s XX, baséase na variante...
-
Arte desenvolvida en Estonia. Caracterízase pola fusión de diferentes elementos, entre outros, alemáns, rusos, suecos e dinamarqueses. As primeiras construcións datan dos ss X-XII. A partir do s XIII a arte desenvolveuse seguindo os modelos occidentais. O centro histórico de Tallinn foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1997. En Tartu destacan as ruínas da catedral do s XIII e a igrexa de San Xoán (ss XIII-XIV); e en Pärnu, as casas tradicionais de madeira con dúas plantas e a Torre Vermella, que pertenceu ás murallas de s XV. Do s XIV cómpre destacar os castelos de Tallinn, Narva e Kingissep, e as fortificacións e a catedral de Tallinn. Da época renacentista destaca a fachada da casa dos Xefes Negros en Tallinn, obra de A. Passer (1597). No eido da escultura destacaron, entre outros, E. Thiele, autor de diversas obras na casa do concello de Tallinn (1674), e C. H. Ackermann, autor do altar da catedral de Tallinn (1696), segundo o deseño do sueco N. Tessin fillo. No s XVIII...
-
As primeiras mostras de cantos populares estonianos publicounas Robert Fählmann antes de 1850. Posteriormente, cómpre destacar a epopea nacional Kalevipoeg (Fillo de Kalevi), da autoría de F. R. Kreutzwald. Entre 1905 e 1915 desenvolveuse o movemento Noor Eesti, burgués e nacionalista, adherido ao decadentismo e ao simbolismo (Gustav Suits, F. Tuglas, Ernst Enno). En 1917 fundouse a revista Siuru, aberta ás vangardas e ás cuestións sociais, que contou con colaboracións de Marie Under e Artur Adson; en 1921 creouse o grupo expresionista Tarapita, que coexistiu co realismo, representado especialmente pola obra de Anton Tammsaare; e a partir de 1930 sobresaíu Mait Metsanurk. Despois da Segunda Guerra Mundial, algúns intelectuais emigraron, sobre todo a Suecia e Canadá (Bernard Kangro). Na poesía destacaron Lydia Koidula, Johann Liiv e, en xeracións posteriores, Juhan Smuul e Debora Vaarandi. Así mesmo, cómpre salientar a obra de Osvald Müür, Ilmar Sikemäe e Paul Viiding.
-
...
-