"Estremoz" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do distrito de Évora, no Alto Alentejo, na marxe dereita do río Tera (18.073 h [1981]). As canteiras de mármore constitúen a principal base da súa economía. Doada en 1211 á orde de Avis, recibiu o seu foro en 1258 e foi considerada cidade en 1926. Nas súas proximidades desenvolveuse a Batalla de Estremoz. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo, as murallas (ss XIII e XVII), a igrexa de Santa Maria, a igrexa de San Francisco Xavier, monumento nacional, e o palacio real (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Batalla do Ameixial Enfrontamento que tivo lugar en 1663 a 5 km da vila de Estremoz, en que os exércitos portugueses venceron os casteláns dirixidos por Xoán Xosé de Austria. Con esta vitoria, Portugal recuperou as prazas de Évora, Valdeflor e Castel-Lundoso.

    VER O DETALLE DO TERMO