"Etruria" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • REXIÓNS

    Rexión histórica comprendida entre os ríos Arno e Tíber e o Mar Tirreno, habitada polo pobo etrusco entre os ss VIII a C e I a C. Entre as súas poboacións destacaron na costa Caere, Populonia, Rusellae, Tarquinia, Veyes, Vetulonia, Volaterrae e Vulci, mentres que no interior se estendían as cidades máis novas, como Arretium, Clusium, Cortona e Perusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Etruria (1801-1803) e infante de España, fillo de Fernando I de Parma. Aceptou o trono do Reino de Etruria, creado por Napoleón. Durante o seu breve reinado, Etruria permaneceu ocupada polos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Etruria (1803-1807) e duque de Parma (Carlos II de Parma) e Piacenza (1847-1849), fillo de Luís de Borbón, rei de Etruria, e de María Luísa, filla de Carlos IV de España. Obrigado a abdicar por Napoleón, instalouse primeiro en Francia e despois no Ducado de Lucca e, ao morrer a súa nai, obtivo o Ducado de Parma. A Revolución de 1848 obrigouno a abdicar en favor do seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO