Etruria, Reino de

Etruria, Reino de

Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.