Temas

Tolosa, Reino de

Entidade política fundada como resultado do segundo pacto entre o Rei Valia e o xeneral romano Constancio (despois Emperador Constancio III), en 418. Abranguía desde Tolosa ata o Atlántico e comprendía as cidades de Tolosa e Bordeos, -capitais alternantes-, Agen, Angulema, Santes, Poitiers e Périgueux, e desde 462 as da Narbonesa ou Septimania. No novo reino de Tolosa establecéronse os visigodos retornados de Hispania, cuxa expansión foi rápida e pasou aos Pireneos ata a Batalla de Vouillé (507), que puxo fin ao reino.

Máis >
Galicia, Reino de

Estado soberano que se constituíu no territorio de Galicia e as terras portuguesas ao N do Douro durante a Idade Media e que tivo como antecedente o Reino Suevo da Gallaecia. O primeiro período de Galicia como reino independente foi entre o 910 e o 914, cando Ordoño II a gobernou co título de Rei. Posteriormente Sancho I (926), expulsado de León por Afonso IV, refuxiouse en Galicia e gobernouna ata finais do 929, cando Galicia volveu a anexionarse ao Reino de León. No 1065, como consecuencia da repartición do reino efectuada por Fernando I, Galicia volveu ser independente e García I foi coroado rei. O novo monarca estableceu a capital do reino en Ribadavia e someteu a vasalaxe aos reis musulmáns de Badajoz e Sevilla. Tralo ataque de Afonso VI e Sancho III ao seu irmán García I, Galicia volveu incorporarse ao Reino de León de forma definitiva. Finalmente, en 1833 desapareceu formalmente o termo.

Máis >
Mercia, Reino de

Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia   (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.

Máis >
Cuco, reino do

Antigo estado do Magreb que se estendía entre o macizo montañoso de Arxel e Buxía nos ss XVI e XVII.

Máis >
Murcia, Reino de

Reino musulmán anexado á Coroa de Castela durante a Reconquista. Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, unha parte do seu territorio quedou incorporada ao reino de Tudmir, coa cidade de Murcia como capital (despois de Orihuela). Co desmembramento do Califato de Córdoba, Murcia foi sede da Taifa do mesmo nome, incorporada ás veces á Taifa de Almería ou á de València. Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn ‘Ā’iša incorporouna ao Imperio Almorábide; á caída deste entronizouse ’ibn Mardaniš (1147-1172), quen, coa alianza de Afonso VII, freou a ofensiva almohade. Aínda así, logo de diversos golpes de estado e intentos de supervivencia, o Reino de Murcia caeu (1266) baixo Xaime I de Aragón, quen o entregou, segundo establecía o Tratado de Almirra, ao seu xenro Afonso X.

Máis >
Lleida, Reino de

Taifa constituída no s XI, despois da descomposición do Califato de Córdoba (1017-1023) por Sulaymān ibn Mu Palatino; ḥ ammad ibn Hūd. Sulaymān Sayyid al-Dawla (1090-1102) foi o derradeiro dos Banū Hūd, e despois Lleida caeu en poder dos almorábides, e o seu territorio quedou reducido ao val do Segre nas mans dos reis saharianos, entre eles, al-Mu Palatino; ẓ affar, que entregou Lleida aos condes Ramón Berenguer IV de Barcelona e Ermengol VI de Urgell o 24 de outubro de 1149.

Máis >
Arles, Reino de

Nome co que tamén se coñece o Reino de Borgoña, que comprendía os territorios provenzais procedentes da herdanza do último Rei de Borgoña sometidos á soberanía dos emperadores xermánicos a partir do 933.

Máis >
Xerusalén, Reino Latino de

Estado cristián fundado en Xerusalén despois da toma da cidade durante a Primeira Cruzada (1099). Godofredo de Boullion non aceptou a dignidade e, á súa morte ao ano seguinte, o seu irmán Balduíno I (1100-1118) fíxose coroar rei. Organizouse segundo os canons feudais europeos. Aínda que o rei era elixido polo consello feudal, exercía unha autoridade moi estendida a outros reinos latinos, e dirixía as forzas militares, exceptuando as ordes. O último rei foi Guido I (1186-1192). Durante o seu reinado, minado polas loitas entre os cruzados, a capital caeu en mans de Saladino en 1187 e en 1191 perdéronse as últimas posesións.

Máis >
León, Reino de

Reino hispánico que, durante a Reconquista, tivo existencia como Estado independente en tres ocasións (910-1037, 1065-1072 e 1157-1230). Xurdiu á morte de Afonso III (910), momento en que as súas posesións se dividiron entre os seus fillos: o Reino de Asturias para Froila II, o Reino de Galicia para Ordoño II e o Reino de León para García I de León (910-914). Despois da morte de García I, o seu irmán, Ordoño II (914-924), recibiu o reino e realizou sucesivas expedicións de expansión (916, 917, 918 e 920), ocupou algunhas prazas de La Rioja e fixo unha incursión por comarcas castelás ata Atienza. As terras asturleonesas unificáronse entre 924 e 925, con Froila II e co seu herdeiro Afonso Froilaz, quen foi desprazado do poder polos seus curmáns: Afonso IV proclamouse rei de León (925-926 e 929-931) e Sancho I Ordóñez, de Galicia (926-929). Ramiro II de León (931-951) accedeu ao trono trala abdicación de Afonso IV (931) e con el iniciouse a etapa de plenitude do reino leonés, que exerceu...

Máis >
Asturias, Reino de

Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...

Máis >
Loading