Temas

Mercia, Reino de

Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia   (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.

Más >
Westfalia, Reino de

Estado creado por Napoleón I Bonaparte en 1807, tras a Paz de Tilsit, a partir dos territorios situados na banda esquerda do Elba e tamén con outros territorios ocupados polos aliados prusianos, como Braunschweig e Corvey. A súa capital era Kassel. O irmán menor de Napoleón, Xerome Bonaparte, foi designado rei do país (Xerome I de Westfalia). Formou parte da Confederación do Rin. Desapareceu en 1813, despois das derrotas de Napoleón.

Más >
Dúas Sicilias, Reino das

Reino formado pola unión dos reinos de Nápoles e Sicilia. Esta unión produciuse en 1442 baixo o reinado de Afonso V de Aragón e disgregouse á súa morte (1458). Tralo Congreso de Viena (1815), volveuse unir baixo o reinado de Fernando I das Dúas Sicilias, da casa de Borbón, e perdurou ata a incorporación ao Reino de Italia en 1860.

Más >
Bósforo, Reino do

Reino greco-escita creado na fin do s V a C (438 a C) ao redor de Panticapeon, colonia grega de orixe milesia na península de Crimea. Dominaba as dúas ribeiras do estreito de Kerč’ o de Yenicalé, pero a área de influencia chegaba ata o Cáucaso. Agrupaba as cidades gregas de Panticapeon, Fanagoria, Nimfeon xunto con diversas tribos escitas. A fins do s II a C pasou a formar parte dos estados de Mitrídates Eupator ou o Grande, cedida polo seu monarca incapaz de enfrontarse aos ataques dos escitas. Pompeio reconstituíu o reino e deullo a Farnaces, fillo de Mitrídates pola axuda que prestara os romanos contra seu pai. Caeu baixo o dominio de Roma en tempos de César e formou parte do Imperio como Reino dependente ata o s IV d C, cando foi definitivamente invadido polos bárbaros.

Más >
Mallorca, Reino de

Territorio que comprendía Mallorca, Eivissa, os condados do Rosellón e Sardeña, o señorío de Montpellier e outros territorios occitanos, e posteriormente Menorca. Foi creado á morte de Xaime I de Aragón en 1276. Co Decreto de Nueva Planta do 28 de novembro de 1715, converteuse nun simple título nobiliario.

Más >
Asturias, Reino de

Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...

Más >
Lleida, Reino de

Taifa constituída no s XI, despois da descomposición do Califato de Córdoba (1017-1023) por Sulaymān ibn Mu Palatino; ḥ ammad ibn Hūd. Sulaymān Sayyid al-Dawla (1090-1102) foi o derradeiro dos Banū Hūd, e despois Lleida caeu en poder dos almorábides, e o seu territorio quedou reducido ao val do Segre nas mans dos reis saharianos, entre eles, al-Mu Palatino; ẓ affar, que entregou Lleida aos condes Ramón Berenguer IV de Barcelona e Ermengol VI de Urgell o 24 de outubro de 1149.

Más >
Champa, Reino de

Imperio situado en Ammán meridional entre os ss II e XIV, habitado polo pobo cham. Dende o s V foi vasalo de China. Baixo a ameaza dos vietnamitas do norte, que saquearon diversas veces Viraya, os chams retiráronse cara ás provincias meridionais e tiveron que combater esta vez contra os piratas xavaneses do Imperio Srivijaya (s IX). No s XII tentaron expandirse cara ao S, pero, malia ocupar Angkor durante certo tempo (1117), o rei khmer Jayavarman VII someteu o Reino de Champa (1203-1230). Os chams loitaron cos vietnamitas contra a invasión mongola (s XIII), pero a división entre eles determinou que a finais do s XIV o reino fora sometido polos vietnamitas e que permanecera como satélite dos vencedores. En 1471 foron ocupadas as últimas provincias, non obstante no s XVII aínda apareceu un rei cham, sen poder efectivo. Da súa arquitectura, destaca o mosteiro budista de Dông-düöng (finais do s IX).

Más >
Etruria, Reino de

Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.

Más >
Pamplona, Reino de

Nome que recibiu o Reino de Navarra ata o s XI. Constituído pola dinastía ximena como oposición fronte ao Islam, mantivo esta denominación ata 1035, cando tomou o título de Reino de Navarra. Con este cambio de denominación pretendía marcar diferenzas fronte á Coroa de Castela, á que nalgunha ocasión prestara vasalaxe.

Más >
Loading