Granada, Reino de

Granada, Reino de

Estado musulmán da Península Ibérica que existiu como entidade política independente en dous períodos diferentes da historia de Al--Andalus. O primeiro Reino de Granada xurdiu como reino de taifa baixo o goberno da familia bérber dos Ziríes, trala desaparición do califato de Córdoba (1031), e foi conquistado en 1090 polos almohades; e o reino nazarí de Granada, fundado en 1231, trala caída do imperio almohade, por Mu ḥ ammad ibn Našr, quen o estendeu desde Tarifa a Almería e situou a capital en Granada. Este reino existiu durante dous séculos e medio, ata que as loitas entre as distintas faccións da familia nazarí reinante e a guerra iniciada polos Reis Católicos acabaron con el o 2 de xaneiro de 1492.