Wessex, Reino de

Wessex, Reino de

Territorios da Inglaterra anglosaxoa, cuxos reis chegaron a conseguir a soberanía sobre todo o país. Parece ser que o seu fundador foi o Rei Cerdic. El e o seu fillo ou neto Cynric I establecéronse en Hampshire arredor de 495, e convertéronse en reis en 500 ou 519. Os seus sucesores foron ampliando os dominios pero Cynewulf I tivo que facerse vasalo do rei de Mercia. Esta vasalaxe durou ata o reinado (802-839) do Rei Egberto I, que puxo baixo o seu dominio Mercia, Surrey, Sussex, Kent, Cornualles, Devon e Essex. Desde 835 os reis de Wessex tiveron que opoñerse ás incursións dos daneses, e pódese dicir que desde 927, ano en que foron expulsados de Northumbria, convertéronse en reis de Inglaterra.