Viguera, Reino de
Viguera, Reino de
Reino navarro creado nos ss X e XI concedido polo Rei García II de Pamplona (925-970) á súa morte ao seu fillo Ramiro Garcés (970-991), coñecido como Ramiro de Viguera. Sucedérono os seus fillos Sancho Ramírez (991-?) e García Ramírez (?-1030?), cuxa filla, Toda, casou con Fortún Sánchez de Nájera, quen recibiu o título de príncipe. Ao non ter descendencia, o reino incorporouse ao Reino de Pamplona.