"FOREM" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro promovida polo sindicato nacional CC OO a escala nacional e dotada dunha estrutura confederal. Existen 18 organizacións territoriais en España e conta con delegacións en case todas as provincias. Entre os seus obxectivos destacan as actividades de formación ocupacional para aquelas persoas que buscan emprego, de formación continua para traballadores en activo e de formación sindical para delegados e cadros sindicais.
-
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Foi perseguido polo maccarthismo a raíz da súa participación en guións como Champion (Campión, 1949) e en High Noon (Alto mediodía, 1952). Trasladouse posteriormente a Inglaterra, onde escribiu o guión de The Bridge over the Kwai River (A ponte sobre o río Kwai, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena. Estivo vinculado á experimentación vangardista dos anos sesenta, e traballou desde a compañía Ontological-Hysteric Theatre, creada en 1968. A súa proposta parte das correntes minimalistas e de formas teatrais e artísticas como o happening ou a performance, eliminando a dimensión interpretativa e potenciando outros elementos escénicos como os obxectos, a música e as imaxes. Tamén é autor de diversos estudios teóricos e de textos literarios creados a partir das anotacións escritas nos seus diarios. Espectáculos seus foron The Book of Splendors (O libro dos esplendores, 1976), Egyptology (Exiptoloxía, 1983), Africanis Instrutus (1986), Pearls for Pigs (Margaridas para os porcos, 1997), ou Maria del Bosco (2002). Tamén dirixiu óperas e espectáculos a partir de obras de autores clásicos e contemporáneos para diversas compañías dos EE UU e Europa. A súa achega ao desenvolvemento das artes escénicas de finais do s XX foi fundamental, sobre todo no apartado da busca de novas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de fósforo no sangue. A concentración normal sitúase entre 3 e 4,5 mg/100 ml, aínda que se poden atopar valores máis altos nos nenos. O fósforo sérico ou plasmático atópase principalmente en forma de fosfato inorgánico. O seu metabolismo relaciónase co do calcio e tamén coa hormona de crecemento. En ausencia de enfermidade paratiroide ou renal elévanse os niveis nos períodos de crecemento activo, nos nenos ou nas enfermidades con actividade excesiva da hormona de crecemento. Contrariamente diminúe no proceso de transferencia activa dos glícidos dende o sangue ata as células.