FOREM
FOREM
Nome científico:
[Fundación Formación e Emprego]
Fundación sen ánimo de lucro promovida polo sindicato nacional CC OO a escala nacional e dotada dunha estrutura confederal. Existen 18 organizacións territoriais en España e conta con delegacións en case todas as provincias. Entre os seus obxectivos destacan as actividades de formación ocupacional para aquelas persoas que buscan emprego, de formación continua para traballadores en activo e de formación sindical para delegados e cadros sindicais.