"FUE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 95.

  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da catedral de Santiago. Nela desempeñou o seu maxisterio nun curto período de apenas ano e medio (febreiro de l893-setembro de 1894). Antes fora organista nas catedrais de Valladolid e Segovia. En Compostela desenvolveu unha actividade pouco relevante, deixando unha ducia de composicións, algunhas das cales foron censuradas por M. Lozano (cóengo da catedral) e por S. Tafall (coéngo e tamén mestre de capela), xa que o autor se permitira certas licencias mal vistas na música sacra, como a inclusión de timbais. Cómpre destacar a amizade que mantivo con Xoán Montes, que lle dedicou a súa célebre balada Unha noite na eira do trigo. Despediuse de Santiago ao ser nomeado Mestre de Capela da catedral de Madrid, onde permanececeu ata 1903, ano no que ingresou na Compañía de Xesús, abandonando a música. Da súa produción destaca unha obra coral que presentou ao certame da Exposición Rexional de Lugo (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario composto por todas as forzas políticas e sindicais antifascistas, agás o PCE, constituído en xullo de 1944 coa finalidade de alentar en todo o Estado español o derrocamento do réxime de Franco. En Galicia, a CNT vai xogar un papel sobranceiro tanto no seu artellamento, como na tentativa de integrar sectores próximos ao Partido Galeguista. A Alianza comezou a tomar forma no Pleno da Confederación Regional Galaica da CNT, celebrado nos arrabaldes da Coruña a comezos de 1945 con asistencia de numerosos delegados, non só sindicais senón tamén dalgunhas partidas guerrilleiras que actuaban no L de Galicia. Unha vez coñecido o informe do comisionado do Consello nacional da ANFD, Manuel Fernández, o pleno decidiu apoiar a creación inmediata dos grupos locais da Alianza, contando co resto das correntes antifranquistas. En cumprimento do acordo, os cenetistas galegos Manuel Fernández e Xan García Durán, representantes do Consello da ANFD, contactaron en abril de 1945 con Ramón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras, e foi profesor da Escola Normal e do Instituto de Pontevedra. Colaborador da Revista Spes, forxadora da Escola Lineográfica de Pontevedra, que se dividiría en dúas etapas; na primeira que abrangue dende a súa formación -etapa na que traballa o artista- o 15 de xuño de 1934, ata a Exposición de Gravado en Linóleo da Revista, que tivo lugar na asociación de Escritores e Artistas Españois do ano 1944, e que deu a coñecer o seu labor. Realizou gravados de liña simplificada e conceptista, en linóleos que semellan tallas de imaxineiros, de tema relixioso, como El mensaje de la Virgen, Rosa mística ou San Bruno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicasio Álvarez de Cienfuegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Doutor en Dereito, foi fiscal da Audiencia de Mallorca e un recoñecido numismático. Con Artur Pedrals e Caietano Carreras fundou e dirixiu a revista Memorial numismático español no 1866. Publicou Indicador manual de numismática española (1891) e Bosquejo de la dominación islamita en las islas Baleares (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editor e bibliógrafo ourensán. Dirixiu en La Habana Follas Novas e Vida Gallega. Así mesmo, colaborou en publicacións como Cuba, Diario Español, Diario de la Marina e Sol. Como bibliógrafo, publicou os índices do Boletín da Real Academia Gallega e das revistas do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e do Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónina, en Cuba, situada a carón da baía de Cienfuegos, na costa meridional da illa (132.000 h [1995]). O cultivo de cana de azucre, tabaco e café son as principais actividades económicas. É un dos portos máis importantes de Cuba, ademais dun destacado núcleo comercial (azucre). A cidade foi fundada en 1817 por mandato do capitán José Cienfuegos en 1817, quen lle ordenou ao coronel francés Luis d’Clouet que a colonizase con franceses emigrados de Lousiana. O título de cidade outorgoullo Afonso XII no 1882. Cara ao 1829 foi chamada Fernandina de Jagua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba, situada no centro da illa (4.178 km2; 366.531 h [estim 1990]). A capital é Cienfuegos (132.000 h [1995]). A agricultura (cana de azucre, tabaco, café, froitas e hortalizas) e a industria (materiais de construción, téxtiles, industria agroalimentaria e sector naval) son a base da súa economía. É moi importante a pesca e a produción termoeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana que deriva dos Quirós. As súas armas levan, en campo de goles, cinco chamas ou lumes, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo. Graduado en dereito civil e eclesiástico, foi fiscal eclesiástico en Oviedo, cóengo na catedral de Lugo, gobernador, provisor e vicario xeral da diocese de Lugo-Mondoñedo ata que en 1816 foi nomeado bispo. Durante o seu bispado caracterizouse polas súas ideas firmemente absolutistas que propugnaban a superioridade do poder relixioso sobre o civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario cubano. Participou no desembarco do Gramma en 1956 e posteriormente acompañou o Che na toma de Santa Clara en 1958. Morreu en accidente aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajuña, afluente do Tajo (2.405 h [1996]). A economía baséase na agricultura de secaño (cereais, viñedo e oliveiras) e na gandería ovina. Dentro da vila destaca a igrexa románica de San Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo ecuatoriano. Alternou a súa actividade como profesor de debuxo coa pintura e a fotografía. A partir dos anos cincuenta do s XX participou en diversas exposicións pitóricas. Entre as súas principais mostras fotográficas destacan: Arte y paisaje del Ecuador, celebrada en Quito e Nova York en 1963, Solidaridad con Nicaragua, realizada no Museo de Arte Latinoamericano de Managua en 1985, e a súa participación na V Fotobienal de Vigo en 1992. Recibiu en 1983 o premio Casa de las Américas en La Habana e a Medalla de Ouro ao mérito artístico outorgado en 1984 polo municipio de Otavalo (Ecuador).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en Galicia en 1959. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Ávila e no Museo de Reproduciones Artísticas no Museo del Prado. Comezou a expoñer en 1969 e realizou, fundamentalmente, paisaxes estruturadas cunha xeometría case perfecta e cunha aparencia ríxida, pero solventada cunha paleta moi agresiva. Fundou con Falcón e Ferreiro o Grupo Eixo. Entre os premios que recibiu destacan a Medalla de Ouro da II Trienal Nacional de Arte de Santiago de Compostela de 1974 e a Medalla de Bronce da Bienal de Pontevedra de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela e compositor. Foi mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela desde 1745 ata 1769. Sobre a súa vida sábese, segundo consta nas actas capitulares da catedral, que por mor da súa precaria saúde desde 1766, foi substituído por Buono Chiodi (1728-1783). Da súa produción musical consérvanse oito motetes (probablemente outros seis tamén sexan da súa autoría), un magnificat e tres lamentacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor, político e xornalista. Comezou a súa carreira política como empregado no ministerio de Fomento e como administrador da Beneficencia Provincial. A partir de 1894 exerceu como concelleiro en Lugo, como deputado provincial pola circunscrición de Mondoñedo-Ribadeo e, durante a etapa liberal, como gobernador civil de Albacete. En 1908 regresou a Lugo e fundou, xunto co avogado Fernando Pardo Suárez, o diario El Progreso. Anque o xornal naceu vinculado ao proxecto liberal de Montero Ríos e García Prieto, dentro da súa segunda década de existencia, o seu fundador decidiu darlle un carácter independente en defensa dos intereses da provincia de Lugo. Dende as súas páxinas promoveu o debate político, a cultura e a modernización da cidade. Posteriormente, entre 1909 e 1913, xunto co goberno de Xosé Canalejas, desempeñou o cargo de gobernador civil en Albacete -por segunda vez-, Ciudad Real e Cuenca. Ao seu regreso foi nomeado presidente do Círculo das Artes da cidade lucense e, despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Da Fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito. Presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, foi deputado no Congreso de los Diputados na lexislatura Constituínte (1977-1979), pola Unión de Centro Democrático (UCD), e na primeira e segunda lexislaturas (1979-1986), polo Grupo Parlamentario Centrista. É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e escribiu os volumes Dereito civil de Galicia: comentarios á lei 4-1995 (1997), Montes vecinales en mano común (1999) e División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial (2001). No ámbito da toponimia publicou Comarca de Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos, Sarria, Triacastela (1992) e Toponimia de la comarca de Sarria (1998). Obtivo o Premio da Orde do Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO