"Faílde" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Cambre. As súas armas levan, en campo de prata, un león, de sinople, adestrado dunha estacada mesma cor.
-
GALICIA
Escultor. Aprendeu o oficio de canteiro en Piñor, onde transcorreu a súa infancia. Con dezaseis anos trasladouse a Ourense para estudar na Escola de Artes e Oficios, onde foi profesor de modelado e baleirado (1940-1956). En 1934 obtivo unha bolsa da Deputación para ampliar os seus estudios como alumno libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid durante ano e medio. En 1949 fixo a súa primeira exposición en Ourense e, ao ano seguinte, expuxo en Vigo no Foto-Club, mostra que serviu para o seu descubrimento como escultor. En 1951 participou na exposición colectiva da arte galega organizada pola Galería Velázquez de Bos Aires e, dous anos despois, realizou unha individual na que acadou un grande éxito e o recoñecemento da crítica, apoiada polos intelectuais galeguistas da época. Desde 1956 dedicouse a traballar nas numerosas encargas que recibiu de particulares e organismos públicos, sobre todo de estatuaria pública. Ao mesmo tempo, realizou numerosas exposicións tanto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO