"Fefiñáns" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albariño histórico, elaborado e comercializado por Bodegas do Palacio de Fefiñáns pioneiro no etiquetado. Entrou no mercado no 1928, sendo premiado xa na Exposición Internacional de Barcelona de 1929-1930. Elaborado exclusivamente con uva Albariño, responde ás características dos viños da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega está dirixida por Juan Gil González Coreaga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga vila do concello de Cambados. Constituíu o núcleo dos dominios do conde de Fefiñáns, señor da xurisdición homónima, que durante o Antigo Réxime incluía tamén as parroquias de Castrelo, Corvillón e Vilariño. Integrada no concello de Cambados ao constituírse este en 1835 (como xa acontecera entre 1820 e 1823), ata 1842 a vila de Fefiñáns constituíu parroquia independente. Naquela data integrouse na parroquia de Cambados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha cabria, de goles, resaltada dunha gadoupa de aguia, de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Figueroa.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no núcleo urbano de Cambados. Fundouna san Rosendo. A primitiva igrexa románica derrubouse no s XV cando se erixiu o cruceiro e a capela maior; no s XVII realizouse a bóveda do cruceiro e reformáronse as capelas do transepto. Ten planta de cruz latina. No interior destaca a bóveda da nave principal dividida por arcos de medio punto e a bóveda de crucería estrelada do transepto, que conserva un escudo coas armas dos Sarmiento, Valladares e Figueroa; nos lados do transepto sitúanse dúas capelas oxivais coas estatuas xacentes de Gonzalo de Valladares e Sarmiento, e a súa dona María Ozores e Silva (1618). En 1784 o mestre Manuel Ferreira Fuentes construíu a fachada principal coas dúas torres churriguerescas baixo o mecenado do marqués de Figueroa. Na fachada que mira á praza destaca o brasón de Fernando de Valladares (1634), sobre o que se sitúa unha imaxe da Virxe coa coroa real, e un reloxo de sol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido o 12 de febreiro de 1647 por Filipe IV a Gonzalo de Valladares Sarmiento e Andrade o Mozo, señor da vila de Fefiñáns e cabaleiro da orde de Alcántara. Posteriormente, pasou á casa dos Valadares, Pardo de Figueroa, Losada e Casani. Leva as armas dos Valadares: escudo axadrezado, de ouro e azul, e no timbre, a coroa de vizconde.