Fefiñáns
Fefiñáns
Antiga vila do concello de Cambados. Constituíu o núcleo dos dominios do conde de Fefiñáns, señor da xurisdición homónima, que durante o Antigo Réxime incluía tamén as parroquias de Castrelo, Corvillón e Vilariño. Integrada no concello de Cambados ao constituírse este en 1835 (como xa acontecera entre 1820 e 1823), ata 1842 a vila de Fefiñáns constituíu parroquia independente. Naquela data integrouse na parroquia de Cambados.