"Ferrari" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística italiana especializada na fabricación de vehículos deportivos e gran turismo. Foi creada por Enzo Ferrari (Módena 1898-1988), piloto de carreiras e enxeñeiro, que fabricou o primeiro automóbil en 1940 na fábrica Auto Avío Construzioni e baixo a firma Alfa Romeo. En 1969 vendeulle o 50% da empresa á Fiat, que se fixo co 90% en 1988. A escudería Ferrari participou nos campionatos mundiais de Fórmula 1 dende a súa fundación en 1950. Os seus pilotos conseguiron proclamarse campións mundiais en 12 ocasións (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001 e 2002), o mesmo número de veces que a escudería acadou o campionato mundial de construtores (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982,1983, 1999, 2000, 2001 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora e investigadora. Catedrática de Filoloxía Románica na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de L’Aquila. É coordinadora de redacción da revista Cultura Neolatina, forma parte do consello asesor do Anuario de Estudios Literarios Galegos, integra o comité científico da Revue des Langues Romanes, é vicepresidenta da Asociación Hispánica de Literatura Medieval e da Association Internationale d’Etudes Occitanes, e membro da Societé Internationale de Linguistique Romane e da Società Italiana di Filologia Romanza. O seu labor investigador céntrase, na lírica románica medieval, en particular, nas súas manifestacións provenzais e galego-portuguesas. Coordina o grupo de investigación Intavulare. Tavole di canzonieri romanzi, destinado á publicación dos índices antigos de todos os cancioneiros románicos medievais e á elaboración de índices modernos dos mesmos. En 1979 realizou unha análise paleográfica e codicolóxica do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B). Sobre a tradición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    ) Enxeñeiro aeronáutico. Doutorado no Politécnico de Turín (1926), foi profesor de aeronáutica (1933) e de mecánica aplicada (1948). Desenvolveu o seu labor docente nas universidades de Brown e Nova York. Os seus estudios centráronse no campo da aeronáutica supersónica e no perfeccionamento do helicóptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. O seu estilo inscríbese no gótico tardío con influencias do Renacemento alemán. Das súas obras destaca Adoración nocturna (1510) e Políptico do nacemento (1511), en San Giovanni d’Avigliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e arquitecto. Discípulo de Leonardo da Vinci, o seu estilo inscríbese no gótico lineal. Colaborou con Raffaello na decoración da vila Farnesina en Roma (1516) e decorou, entre outras, Santa Maria delle Grazie e Santa Maria della Pace en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Discípulo de G. Cardano, foi profesor nas universidades de Milán e Boloña. Determinou un método para resolver a ecuación xeral de cuarto grao, grazas a unha ecuación auxiliar de terceiro grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, organista e pianista. Foi catedrático de órgano e director do conservatorio de Parma. Actuou por toda Europa e compuxo pezas para piano e óperas, como La capanna dello zio Tom (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: ferrería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Moi crítico coa clerecía da súa época, escribiu o tratado De educatione, editado en 1865, no que protestaba contra os costumes medievais hispánicos e contra a castelanización das altas capas da sociedade napolitana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro. Foi profesor da Universidade de Turín e da Academia Militar, e dedicouse ao estudo da electrotecnia. Fundou a primeira escola de electrotecnia de Italia (1886), que leva o seu nome. Membro da Accademia delle Scienze de Turín, coñécese polo descubrimento dos campos magnéticos rotativos, de onde deduciu un gran número de aplicacións dos motores eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Catedrático na Universidad Central de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando, dirixiu a Calcografía Nacional e o Museo de Pintura del siglo XX de Madrid. Das súas obras destacan Breve historia de la pintura española (1934), Velázquez (1944), Antecedentes, coincidencias e influencias del arte de Goya (1946) e Zuloaga (1950). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e a The Hispanic Society of America.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Inspirado na ópera cómica italiana do s XVIII, compuxo Le donne curiose (1903), I quattro rusteghi (1906), L’amore medico (1913), Sly (1927), Il campiello (1936) e La dama boba (1937, baseada na obra de Lope de Vega).

    VER O DETALLE DO TERMO