Ferrari
Empresa automobilística italiana especializada na fabricación de vehículos deportivos e gran turismo. Foi creada por Enzo Ferrari (Módena 1898-1988), piloto de carreiras e enxeñeiro, que fabricou o primeiro automóbil en 1940 na fábrica Auto Avío Construzioni e baixo a firma Alfa Romeo. En 1969 vendeulle o 50% da empresa á Fiat, que se fixo co 90% en 1988. A escudería Ferrari participou nos campionatos mundiais de Fórmula 1 dende a súa fundación en 1950. Os seus pilotos conseguiron proclamarse campións mundiais en 12 ocasións (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001 e 2002), o mesmo número de veces que a escudería acadou o campionato mundial de construtores (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982,1983, 1999, 2000, 2001 e 2002).