"Fier" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Musicólogo e profesor de canto. Publicou as obras de Palestrina e algunhas antoloxías de canto polifónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Despois de viaxar por toda Europa, intentou rematar a traxedia inacabada Cleopatra, que o fixo consciente da súa falta de dominio do idioma italiano. Decidiu dedicarse á lectura dos clásicos renacentistas e escribiu nunha primeira época as dezanove traxedias (1776-1786), que o converteron no máis importante dramaturgo do neoclasicismo italiano e nun profeta da independencia e da unidade peninsulares: Filippo, Polinice, Virginia, Agamennone, Oreste, Rosmunda, Attavia, Timoleone, Merope, Maria Estuarda, La congiura del Pazzi, Don Garzia, Saul, Agide, Sofonisba, Bruto primo, Mirra e Bruto secondo. Nunha segunda época marcada polo escepticismo irónico, escribiu as Satire (1796) e as Commedie así comoescritos poéticos e políticos de carácter ilustrado. Traduciu os clásicos gregos e latinos e conseguiu elaborar un idioma culto, que serviu de fundamento aos escritores italianos do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e funcionario. Marqués de Avilés, fillo de José de Avilés e Iturbide. Marchou a América para exercer o cargo de tenente coronel de dragóns (1769). Tomou parte na represión do alzamento de Tupac Amaru (1780-1781). Chegou a ser gobernador de Chile (1796), e vicerrei do Río da Prata (1799) e do Perú (1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de escultores de orixe italiana que traballaron en Francia para Luís XIV, Luís XV e Luís XVI. Philippe I (1634-1716) traballou xunto con Charles Lebrun no Louvre. Jacques (1678-1735) e o seu fillo Philippe II (1714-1774) foron broncistas e ostentaron os cargos de escultor, fundidor e gravador reais baixo o reinado de Luís XV. Jean-Jacques (París 1725-1792), foi discípulo do seu pai, Jacques, e de Jean-Baptiste Lemoyne. Entre as súas obras cómpre destacar Rameau (1761) e Pingré. En 1759 foi nomeado membro da Académie de Beaux Arts.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania, situado na rexión de Tirana-Durrës (1.175 km2; 208.646 h [estim 1993]). A capital é Fier (45.200 h [1990]).
-
PERSOEIRO
Condottiere italiano. Ao servizo de Fernando o Católico loitou contra Carlos VIII de Francia (1492) e interveu na Batalla de Puglia (1500) e na defensa de Barletta (1503). Foi o inspirador da novela de Massimo d’Azeglio Ettore Fieramosca (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro italiano. Construíu o Palazzo Comunale de Boloña. En 1458 entrou ao servizo dos Sforza de Milán, para os que fixo traballos de enxeñería. Chamado polo Tsar Iván III, participou na construción do Kremlin de Moscova (1474), onde edificou a catedral da Asunción (1476-1479).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e crítico de arte. Foi profesor na Universidade de Liexa (1926), director dos Musées Royaux des Beaux-Arts de Bruxelas (1934) e presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1949). Escribiu, entre outras obras, James Ensor (1943) e Les grandes étapes de l’esthétique (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte, pai de Paul Fierens. Colaborador de Journal des débats, foi profesor na Universidade de Liexa. Das súas obras destaca Histoire de la peinture flamande des origens à la fin du XVe siécle (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de empresarios orixinaria de Valdelugueros (León). Ildefonso González-Fierro (1882-1961) iniciou o proceso de expansión que converteu a familia nun dos emporios máis importantes da España do s XX, baseado nos negocios banqueiros, tabaqueiros e fosforeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio Fernández Álvarez.
-
GALICIA
Escritor e crítico literario. Exerceu a docencia e colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega, Revista de Occidente e Nordés. Da súa produción destaca Una estirpe de escritores colombianos: los Caro (1943) e Páginas abandonadas de Gustavo Adolfo Bécquer (1948). Membro da Real Academia Galega, obtivo o Premio Pérez Lugín en 1943 por Galicia a través de sús poetas, en 1945 obtivo o I premio nos Xogos Florais de Santiago de Compostela pola súa composición Fachada del Obradoiro e en 1951 o I premio nun certame internacional celebrado en La Habana en honor de Curros Enríquez por Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico que recibiron os primeiros globos aerostáticos, nos que o fluído sustentador era aire quente.
-
PERSOEIRO
Inventor francés. Xunto co seu irmán Jacques Étienne Montgolfier (Vidalon-lès-Annonay 1745 - Serrières 1799), interesouse polos problemas do voo e orientou as solucións cara á construción de aparatos máis lixeiros ca o aire. Os dous construíron un globo de 20 m3 que fixeron subir mediante aire quente en Annonay o 5 de xuño de 1783. Despois de perfeccionar o seu invento, o 21 de novembro de 1783 efectuaron en París a primeira ascensión tripulada da historia. En 1783 foron nomeados membros correspondentes da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO