Caffieri
Caffieri
Familia de escultores de orixe italiana que traballaron en Francia para Luís XIV, Luís XV e Luís XVI. Philippe I (1634-1716) traballou xunto con Charles Lebrun no Louvre. Jacques (1678-1735) e o seu fillo Philippe II (1714-1774) foron broncistas e ostentaron os cargos de escultor, fundidor e gravador reais baixo o reinado de Luís XV. Jean-Jacques (París 1725-1792), foi discípulo do seu pai, Jacques, e de Jean-Baptiste Lemoyne. Entre as súas obras cómpre destacar Rameau (1761) e Pingré. En 1759 foi nomeado membro da Académie de Beaux Arts.