"Filemón" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo grego (Φιλέμων) derivado do grego ϕ ιλεω ‘amar’, polo tanto ‘afectuoso, amable’. Filemón e Baucis son protagonistas dunha lenda que se repite en Galicia en diferentes lugares, como tal en Doniños (Ferrol). Eran eles un matrimonio aldeán moi pobre que lle deu acubillo a Zeus e Hermes, disfrazados de viaxeiros e pedindo pousada, dunha vez que andaron pola súa terra. Entón os deuses, incomodados, mandaron un dioivo que asolagou toda a aldea menos a casopa dos que lles deran abeiro. A estes ofrecéronlles o que quixesen e só pediron acabar a súa vellez xuntos. Os deuses transformaron a casa nun templo e a eles nuns carballos ao pé do templo. O tema inspirou a Ovidio nas súas Metamorfoses. En Galicia explícase así a orixe de diferentes lagoas e son Xesús e María os que piden pousada. Filemón foi tamén un cristián a quen san Paulo lle dirixiu unha epístola. Fuxíralle un escravo (Onésimo) e Paulo atopoullo casualmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epístola de san Paulo, a máis pequena das que se conservan, a un cristián colosense chamado Filemón, que forma parte do Novo Testamento da Biblia. San Paulo escribiuna en cativerio, en Roma ou en Cesarea. Nela informa a Filemón que atopou en Roma a Onésimo, o seu escravo fuxido, e que o bautizou. Conforme á lei romana san Paulo enviouno de regreso co seu amo, pero pediulle a este que o considerara un irmán cristián. Neste texto, a escravitude, un dos fundamentos da estrutura económica do mundo antigo, non se cuestiona de xeito radical, pois impera o respecto á legalidade, aínda que se manifesta a mensaxe de irmandade entre os cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO