"Filipe III" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela, Aragón, Portugal (Filipe II), de Navarra, do Franco Condado, dos Países Baixos, de Sicilia, de Sardeña, de Nápoles (Filipe II) e do Milanesado (1598-1621), fillo de Filipe II e Ana de Austria. Casado en 1599 con Margarida de Austria, nai do herdeiro Filipe IV, foi proclamado rei trala morte do seu pai (1598). Desde o primeiro momento confiou todas as tarefas de goberno ao seu amigo persoal F. Gómez de Sandoval-Rojas, duque de Lerma, que se converteu no enlace entre o Consello de Estado, renovado en 1600, e os restantes concellos da monarquía hispánica. En política exterior, nos primeiros anos do seu reinado continuou co enfrentamento coa monarquía inglesa e cos rebeldes holandeses. En 1601 produciuse o intento fallido de desembarco da flota española en Kinsale (Irlanda), pero a chegada ao trono de Xacobe I Stuart e a actividade diplomática do conde de Gondomar permitiron o asinamento dun tratado de paz en Londres en 1604. O enfrontamento cos rebeldes holandeses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (Filipe II; 1364-1373), de Acaia (1370-1373) e emperador titular de Constantinopla (1364-1373), fillo segundo de Filipe de Nápoles. Sucedeu o seu irmán Roberto. Morreu sen fillos, polo que o seu herdeiro foi o seu primo Xaime del Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1419-1467) e conde de Flandres. Polo Tratado de Troyes (1420) recoñeceu a Enrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro do trono francés, pero despois do Tratado de Arras (1435) recoñeceu a Carlos VII como rei de Francia. Casou primeiro con Micaela de Francia (1409), que lle achegou como dote as cidades de Somme e Boulonnais e gran parte da Picardia, e despois con Bona de Artois (1424) e con Isabel de Portugal (1430). Durante o seu goberno aumentou as súas posesións territoriais e asumiu a administración dos Países Baixos. A prosperidade económica permitiulle favorecer as artes e as letras. Foi o fundador da Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1270-1285), fillo de Luís IX o Santo e de Margarida de Provenza. Participou en Tunisia na oitava cruzada, na que morreron o seu pai e o seu irmán. A morte dos condes de Toulousse en 1271 permitiulle engadir aos territorios da coroa Poitou, Auvernia, Aunis, o N de Saintonge, o condado de Tolousse e o señorío de Albi. Non obstante , cedeu ao papado o condado de Venaissin e a Inglaterra o Agenais e o S de Saintonge, a cambio de que o soberano inglés se declarase vasalo do rei de Francia. En política exterior apoiou ao seu tío Carlos I de Nápoles no seu enfrontamento co rei aragonés Pedro o Grande e casou ao seu fillo, o futuro Filipe IV de Francia, con Xoana I de Navarra. En 1284 enfrontouse no Rosellón e no Ampurdá a Pedro o Grande, que o acabou batendo no Coll de Panissars.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1328-1343) e conde de Évreux. Casado en 1317 con Xoana II de Navarra, foi proclamado rei de Navarra en 1328, polo que se viu obrigado a renunciar os seus dereitos ao trono francés. Aínda que se enfrontou en varias ocasións co rei castelán Afonso XI, colaborou con este no sitio de Algeciras (1342).

    VER O DETALLE DO TERMO