"FitzGerald" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Hispanista inglés. Formouse na Universidade de Oxford, e exerceu o cargo de asistente bibliotecario no British Museum (1905-1908). Despois dunha longa estancia na Península Ibérica, fixou a súa residencia en Portugal, país no que viviu ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Establecido na Península Ibérica foi correspondente do Morning Post e crítico literario en The Times Literary Supplement. Investigou especialmente as literaturas española e portuguesa: Fray Luís de León, Cervantes, Gracián, Fernão Lopes, Camões e Gil Vicente figuran entre os autores que estudiou. Destacan os estudios monográficos e as traducións das obras dalgúns deles publicadas en Lyrics of Gil Vicente (Poesías de Gil Vicente, 1914, 1921, 1925), Lyrics of Luis de León (Poesías de Luís de León, 1928), The Ship of Hell de Gil Vicente (O buque do Inferno de Gil Vicente, 1929). A súa importancia para a cultura galega vén dada por centrar a súa investigación no eido da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre irlandesa fundada polo nobre anglonormando Gerald de Windsor . No s XIV a familia dividiuse en dúas ramas: a dos condes de Kildare e a dos condes de Desmond. Entre os condes de Kildare destacaron Garret o Grande (?-1513), gobernador de Irlanda entre 1481 e 1513, e Garret o Novo, gobernador de Irlanda entre 1513-1520 e 1522-1534. Entre os condes de Desmond sobresaíron Maurice Fitzthomas (?-1356), xustiza de Irlanda desde 1355, Thomas Fitzmaurice (1426-1468), deputado de Irlanda desde 1463, e James Fitzmaurice Fitzgerald (?-1579).
-
PERSOEIRO
Hispanista e historiador británico. Coñecido como Gerald Brenan, residiu en Andalucía entre 1919 e 1936, e novamente dende 1953. Publicou, entre outras obras, The Spanish Labyrinth (1943), The Face of Spain (1950) e The Literature of the Spanish People (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Purcell.
-
PERSOEIRO
Cantante de jazz estadounidense. Dotada dunha técnica depurada e dun rexistro amplo, caracterizouse polos seus dotes para a improvisación. Nos seus comezos ingresou na orquestra de Chick Webb, que dirixiu á morte do seu líder. Ao longo da súa carreira colaborou, entre outros, con Benny Goodman, Louis Armstrong, Louis Jordan, Count Basie, Duke Ellington, Oscar Peterson, Hank Jones e Joe Pass.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Expoñente da época do jazz e da desilusión da xuventude trala Primeira Guerra Mundial, escribiu guións de cine en Hollywood. Da súa produción destaca The Side of Paradise (A este lado do paraíso, 1920), Tales of the Jazz Age (Contos da idade do jazz, 1922), The Vegetable (O vexetal, 1923) e The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente do partido Fine Gael (1977-1987), ocupou o cargo de primeiro ministro da República de Irlanda entre 1981 e 1987 (agás o período xaneiro-decembro de 1982). Asinou con Margaret Thatcher o tratado anglo-irlandés de 1985, que recoñecía o dereito da poboación de Irlanda do Norte a decidir sobre a súa legalidade política, que foi rexeitado tanto polos unionistas como polo IRA.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Foi profesor na Universidade de Dublín e membro da Royal Society de Londres. Realizou investigacións sobre as ondas electromagnéticas e a teoría do éter. Interpretou a famosa experiencia de Michelson sobre a determinación da velocidade da luz e en 1895 enunciou a teoría da contracción lonxitudinal dos corpos en movemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar irlandés. Liderou a flota, composta por mariños galegos e italianos, que saíu de Ferrol e desembarcou en xuño de 1579 na baía de Dingle; tiña como obxectivo acabar co dominio inglés da illa de Irlanda e restaurar nela o catolicismo romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político demócrata. Deputado no Congreso en 1946 e senador en 1952, triunfou nas eleccións presidenciais de 1960, feito que o converteu no primeiro presidente católico de EE UU. En política interior tiña como obxectivos a ampliación da cobertura social e a integración da poboación negra, mentres que en política exterior propugnou unha política de coexistencia pacífica coa URSS, combinada con medidas imperialistas, como o desembarco en Cuba (bahía de Cochinos 1961) e o envío dos primeiros conselleiros estadounidenses a Vietnam. Baixo o seu goberno tivo lugar a crise dos mísiles de Cuba (1962). En 1957 recibiu o Premio Pulitzer pola súa obra Profiles in courage (1955). Morreu asasinado durante un desfile presidencial en Dallas.
VER O DETALLE DO TERMO