"Fuente" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da catedral de Santiago. Nela desempeñou o seu maxisterio nun curto período de apenas ano e medio (febreiro de l893-setembro de 1894). Antes fora organista nas catedrais de Valladolid e Segovia. En Compostela desenvolveu unha actividade pouco relevante, deixando unha ducia de composicións, algunhas das cales foron censuradas por M. Lozano (cóengo da catedral) e por S. Tafall (coéngo e tamén mestre de capela), xa que o autor se permitira certas licencias mal vistas na música sacra, como a inclusión de timbais. Cómpre destacar a amizade que mantivo con Xoán Montes, que lle dedicou a súa célebre balada Unha noite na eira do trigo. Despediuse de Santiago ao ser nomeado Mestre de Capela da catedral de Madrid, onde permanececeu ata 1903, ano no que ingresou na Compañía de Xesús, abandonando a música. Da súa produción destaca unha obra coral que presentou ao certame da Exposición Rexional de Lugo (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras, e foi profesor da Escola Normal e do Instituto de Pontevedra. Colaborador da Revista Spes, forxadora da Escola Lineográfica de Pontevedra, que se dividiría en dúas etapas; na primeira que abrangue dende a súa formación -etapa na que traballa o artista- o 15 de xuño de 1934, ata a Exposición de Gravado en Linóleo da Revista, que tivo lugar na asociación de Escritores e Artistas Españois do ano 1944, e que deu a coñecer o seu labor. Realizou gravados de liña simplificada e conceptista, en linóleos que semellan tallas de imaxineiros, de tema relixioso, como El mensaje de la Virgen, Rosa mística ou San Bruno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editor e bibliógrafo ourensán. Dirixiu en La Habana Follas Novas e Vida Gallega. Así mesmo, colaborou en publicacións como Cuba, Diario Español, Diario de la Marina e Sol. Como bibliógrafo, publicou os índices do Boletín da Real Academia Gallega e das revistas do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e do Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajuña, afluente do Tajo (2.405 h [1996]). A economía baséase na agricultura de secaño (cereais, viñedo e oliveiras) e na gandería ovina. Dentro da vila destaca a igrexa románica de San Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo ecuatoriano. Alternou a súa actividade como profesor de debuxo coa pintura e a fotografía. A partir dos anos cincuenta do s XX participou en diversas exposicións pitóricas. Entre as súas principais mostras fotográficas destacan: Arte y paisaje del Ecuador, celebrada en Quito e Nova York en 1963, Solidaridad con Nicaragua, realizada no Museo de Arte Latinoamericano de Managua en 1985, e a súa participación na V Fotobienal de Vigo en 1992. Recibiu en 1983 o premio Casa de las Américas en La Habana e a Medalla de Ouro ao mérito artístico outorgado en 1984 polo municipio de Otavalo (Ecuador).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en Galicia en 1959. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Ávila e no Museo de Reproduciones Artísticas no Museo del Prado. Comezou a expoñer en 1969 e realizou, fundamentalmente, paisaxes estruturadas cunha xeometría case perfecta e cunha aparencia ríxida, pero solventada cunha paleta moi agresiva. Fundou con Falcón e Ferreiro o Grupo Eixo. Entre os premios que recibiu destacan a Medalla de Ouro da II Trienal Nacional de Arte de Santiago de Compostela de 1974 e a Medalla de Bronce da Bienal de Pontevedra de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela e compositor. Foi mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela desde 1745 ata 1769. Sobre a súa vida sábese, segundo consta nas actas capitulares da catedral, que por mor da súa precaria saúde desde 1766, foi substituído por Buono Chiodi (1728-1783). Da súa produción musical consérvanse oito motetes (probablemente outros seis tamén sexan da súa autoría), un magnificat e tres lamentacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Da Fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito. Presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, foi deputado no Congreso de los Diputados na lexislatura Constituínte (1977-1979), pola Unión de Centro Democrático (UCD), e na primeira e segunda lexislaturas (1979-1986), polo Grupo Parlamentario Centrista. É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e escribiu os volumes Dereito civil de Galicia: comentarios á lei 4-1995 (1997), Montes vecinales en mano común (1999) e División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial (2001). No ámbito da toponimia publicou Comarca de Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos, Sarria, Triacastela (1992) e Toponimia de la comarca de Sarria (1998). Obtivo o Premio da Orde do Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Comezou a súa formación como tallista ata que en 1958 se trasladou a Santiago de Compostela onde estudiou na Escuela de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1964 ingresou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi e en 1967 na Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Dende 1970 reside en París, onde aprendeu co Patkai as técnicas de traballo con formigón armado e a relación da escultura co contorno e coa arquitectura. A súa obra caracterizouse pola utilización da natureza como fonte de inspiración, a sinxeleza das formas e os vestixios do pasado galego. Nalgunhas das súas obras mostrou un estilo modernista. Empregou, entre outros materiais, o bronce, a madeira, a pedra, o ferro e o formigón. Aínda que desenvolveu a súa traxectoria artística en Francia, en Galicia realizou monumentos públicos de gran tamaño, entre os que destacan as obras realizadas para a facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e para a residencia de anciáns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, situado ao pé da serra de Carrascoy (9.046 h [1996]). A economía é agrícola (hortalizas, algodón, cereais e oliveiras) e gandeira, con industrias derivadas da alimentación e do metal. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento argárico de Carrascoy, os restos dunha calzada romana e a ermida da Purísima Concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse no Círculo de Bellas Artes e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1949-1950) e permaneceu durante dous meses na Academia Española de Roma en 1957. Entre 1959 e 1961 volveu á Escola de San Fernando como alumna libre de pintura mural. Neste eido realizou un mural para a aula magna e un panel cerámico na facultade de Ciencias de Santiago e un mural para o Instituto San Tomé de Vigo. As súas primeiras composicións recibiron a influencia do cubismo pero posteriormente encadrouse na corrente neofigurativa da pintura española e, co paso do tempo volveuse expresionista. Mantivo unha preocupación pola textura da materia e pola luz que a levou ao emprego de veladuras. Realizou bodegóns, paisaxes, que en poucas ocasións foron reais, e retratos imaxinarios nos que mostrou o dominio do debuxo. Entre outras obras cómpre destacar Retrato de miña nai (1969), A vella dama (1969), Retrato de Bertrand Russell (1970) e Retrato de J. L. Aranguren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Xenaro de la Fuente Domínguez. Titulouse en 1921 na Escuela de Arquitectura de Madrid e en 1922 sucedeu ao seu pai no cargo de arquitecto municipal de Vigo. A súa obra inicial foi academicista e ecléctica e na década de 1930 mesturou as tendencias racionalistas co rexionalismo. Entre as súas obras destacan a casa para Eligio Prieto Iglesias na rúa do Príncipe (1925); a casa de vivendas na rúa Uruguai (1927?); o edificio comercial que dá ás rúas do Príncipe e Policarpo Sanz (1920-1930); o Garaxe Americano na rúa García Barbón (1929); as casas para María Iglesias Curty na praza de Compostela, esquina coa rúa Reconquista (1940); as vivendas para a Compañía Carbonera SA na praza de Compostela (1942); a escola de Peritos; e o Instituto Feminino San Tomé. Antes da Guerra Civil comezou a reordenación da Cidade Universitaria de Santiago de Compostela coa traza, nun gusto neobarroco, dos edificios principais, os colexios maiores, a facultade de Ciencias e o sanatorio de Nosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Entre as súas obras destaca Historia eclesiástica de España (1851) e Historia de las sociedades secretas antiguas y modernas en España y especialmente de la francmasonería (1874-1882). Foi membro do Colegio de Abogados de Madrid (1844), da Real Academia de la Historia e da Real Academia de las Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado aos pés de Sierra Morena, na parte alta do val do río Bodión (5.075 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (cereais, viña e oliveiras) e gandería (ovina e porcina), combinada cunha certa actividade industrial (alimenticia e metalúrxica). Ten tradición a fabricación de zapatos. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a casa dos Panea, a igrexa de Nuestra Señora de la Granada (s XVIII), a ermida de Nuestra Señora de la Hermosa (s XVIII), o convento carmelita (s XVII) e a praza modernista de Zurbarán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, no que se localiza a serra de Yeguas (2.059 h [1996]). O municipio comprende a gran lagoa da Fuente de Piedra, considerada Reserva Natural. A economía é agrícola e gandeira. De orixes iberas, estivo ocupada por fenicios e romanos, que lle deron o nome de Fons Divinus polas propiedades curativas das súas augas. Foi recuperada ao poder musulmán en 1461 pero ata 1547 non se converteu en lugar de destino para enfermos. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de Las Virtudes (s XIX) e o palacio da marquesa de Fuente de Piedra (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO