"GOP" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas da familia das bonnemaisoniáceas. Os talos, que poden acadar os 20 cm, son de cor rosa e irregularmente ramificados. Algunhas ramas laterais son sinxelas e espidas e portan pequenas espiñas. É propia do infralitoral e aínda que está presente en Galicia é orixinaria de Australia.
-
-
Relativo ou pertencente aos cigópteros.
-
Insecto da suborde dos cigópteros.
-
Suborde de odonatos de libélulas que, no estado adulto, presentan catro alas de igual tamaño que se manteñen xuntas na maioría dos xéneros cando o animal está pousado. Pertencen a este grupo as familias dos calopteríxidos, cenagriónidos, epaláxidos, léstidos e platicnemídidos.
-
-
CIDADES
Cidade de Rusia, na oblast’ de Moscova (69.000 h [estim 1984]). Situada a 18 km ao N de Moscova, é sede do Instituto Físico-Técnico de Moscova e do observatorio aerolóxico central.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aluminosilicato de magnesio e de potasio, de fórmula KMg3(ALSi3O10)(OH)2. Mineral do grupo das micas que cristaliza no sistema monoclínico, en forma de prismas pseudohexagonais. A exfoliación é perfecta. A dureza é de 2,5 e a densidade, de 2,8-3,4. Ten unha cor marrón ou amarelada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao fluído, que pode ser a auga, o aire, unha solución salina ou un líquido orgánico de baixo punto de conxelación, utilizado como intermediario para transferir a calor do medio a arrefriar ao frigoríxeno frío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[polaco: Górnośląski OkrĘg Przemyslowy] Rexión industrial da Alta Silesia que ocupa uns 2.050 km2 e ten aproximadamente un millón e medio de habitantes. Está constituída polas cidades de Katowice, Sosnowiec, Chorzów, Bytom, Ruda Ślaşka, Zabrze e Giliwice, situadas nunha importante conca hulleira.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña (54.600 h [1990]). Situada ao pé do Jura, posúe industria química, téxtil e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao animal que ten as patas pouco cubertas de pelo ou plumaxe.
-
Aplícase ás aves galiformes de plumaxe estacional e de distintas variedades de pardo, que se caracterizan polos seus dedos emplumados ata as unllas.
-
Nome de varias especies de aves do xénero Logopus da familia dostetraónidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dos músculos da larinxe que provoca afonía cando a lesión afecta os nervios dos dous lados, con parálise das cordas vocais e disfonía, con voz bitonal, se a lesión é unilateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disfunción da linguaxe motivada por unha doenza que afecta ao sistema nervioso central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en logopedia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrección das dificultades que afectan á voz, á articulación, á palabra e á linguaxe oral e escrita mediante técnicas de reeducación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dos órganos da fala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reparación cirúrxica da membrana timpánica perforada, por medio dun enxerto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia formada por unhas poucas (10 como máximo) unidades de aminoácidos unidos mediante enlaces peptídicos. Pódense formar a partir das proteínas, por hidrólise parcial ou con enzimas.
-
-
Forma de mercado frecuente na realidade económica moderna, caracterizada por un grao de concentración elevado, é dicir, porque unha pequena cantidade de empresas controlan unha elevada proporción da produción ou da poboación activa do sector. A característica fundamental do oligopolio é o elevado grao de interdependencia entre as decisións das empresas. Por este motivo, o problema principal da teoría do oligopolio céntrase na determinación da cantidade de equilibrio e dos seus límites, e na análise das reaccións de cada un dos vendedores ante as modificacións da conduta dos competidores.
-
Situación de elevada concentración en que un número moi reducido de empresas regulan os prezos. É típico en sectores como os da produción de ferro, cemento ou electricidade.
-
Situación de oligopolio determinada polas preferencias dos consumidores polos produtos dunha determinada empresa, porque son, ou parecen, diferentes entre eles. Dáse en sectores como o da produción de bens de consumo non durables e nas actividades comerciais.
-
Situación de oligopolio que presenta as características de diferenciación e concentración. Dáse nas industrias de bens de consumo durables.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao oligopolio.
-
Persoa que vende en réxime de oligopolio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de mercado en que concorren moitos oferentes e poucos demandantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, ao que pertence a tapa.