oligopolio

oligopolio

(< oligo- + grπωλειν ‘vender’)

  1. s m [ECON]

    Forma de mercado frecuente na realidade económica moderna, caracterizada por un grao de concentración elevado, é dicir, porque unha pequena cantidade de empresas controlan unha elevada proporción da produción ou da poboación activa do sector. A característica fundamental do oligopolio é o elevado grao de interdependencia entre as decisións das empresas. Por este motivo, o problema principal da teoría do oligopolio céntrase na determinación da cantidade de equilibrio e dos seus límites, e na análise das reaccións de cada un dos vendedores ante as modificacións da conduta dos competidores.

  2. oligopolio concentrado [ECON]

    Situación de elevada concentración en que un número moi reducido de empresas regulan os prezos. É típico en sectores como os da produción de ferro, cemento ou electricidade.

  3. oligopolio diferente [ECON]

    Situación de oligopolio determinada polas preferencias dos consumidores polos produtos dunha determinada empresa, porque son, ou parecen, diferentes entre eles. Dáse en sectores como o da produción de bens de consumo non durables e nas actividades comerciais.

  4. oligopolio mixto [ECON]

    Situación de oligopolio que presenta as características de diferenciación e concentración. Dáse nas industrias de bens de consumo durables.