oligoqueto

oligoqueto
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos oligoquetos.

  2. s m [ANIMAL]

    Invertebrado da clase dos oligoquetos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de invertebrados, do filo dos anélidos, que presentan moi poucas quetas, dispostas en catro feixes por segmento, que se insiren nos puntos onde teoricamente estarían os parapodios. Externamente, distínguese unha rexión do corpo máis grande e glandular ca o resto, o clitelo, que se fai aínda máis evidente cando chega o momento da reprodución. Internamente, correspóndese cos órganos reprodutores, localizados nos dous segmentos fértiles, dos que o anterior é o masculino e o posterior o feminino. Copulan boca arriba de maneira que se superpoñen ao revés as rexións cliteladas. Os oligoquetos son animais micrófagos que fan pasar polo tubo dixestivo unha gran cantidade de lama e terra, de onde filtran as partículas orgánicas. Divídense en dous grupos: os limícolas (acuáticos) e os terrícolas (terrestres).