"Gabín" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • GALICIA

    Avogado e político conservador e conde de Bugallal. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde representou dende 1886 o distrito de Ponteareas e outros distritos da provincia de Ourense (Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia e Ourense) nas Cortes. Ocupou os cargos de oficial da subsecretaría de Gracia e Xustiza, gobernador civil de Granada, director xeral de Administración Local, director xeral do Tesouro e fiscal do Tribunal do Contencioso e do Tribunal Supremo. Foi ministro de Instrución Pública en 1902, de Facenda en 1913, 1917 e 1919, de Gracia e Xustiza en 1920, da Gobernación tamén en 1920 e de Economía en 1931; ademais, tralo asasinato de Dato, ocupou a xefatura do goberno de xeito interino en 1921. Foi presidente do Congreso dos Deputados, do Consello de Ministros e xefe do partido liberal-conservador. Así mesmo, foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Fundou xornais políticos e publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, colaborou na prensa española e hispanoamericana ata 1936. Publicou os poemarios Abril (1927), Vibraciones del espíritu en la materia (1927), Versos marineros (1930) e as novelas El teniente azul (1928), en colaboración con A. Vidal Dovale, e, baixo o pseudónimo de Mauro del Sil e con ilustracións de Xaime Prada, Perfil de un ilustre (1933). Recibiu o I Premio de Poesía da Asociación de Prensa de León (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Alexis Moncorgé Gabin.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuarto destinado a recibir visitas.

      2. Estancia da casa que servía como tocador para as mulleres.

    1. Local destinado á exhibición dunha colección de obxectos curiosos ou destinados ao estudo dunha ciencia ou arte.

    2. Cuarto ou lugar de traballo de certos profesionais.

    3. Oficina dun organismo encargada de resolver determinados asuntos.

    4. Conxunto de ministros que, baixo a dirección do xefe do goberno, constitúen o poder executivo.

    5. Pequenas pinturas de cabalete concibidas para ser vistas de cerca. O termo aplícase, en xeral, ás obras destinadas aos interiores burgueses como os cadros de xénero holandeses do s XVII.

    6. Departamento de orientación psicopedagóxica que pode funcionar dentro dunha institución escolar para apoiar os alumnos dese centro (xeralmente formado por un psicólogo escolar en coordinación co profesorado), ou fóra como servizo público ou privado que atende a todos os nenos que o soliciten (xeralmente formado por un grupo de profesionais: psicólogos, pedagogos, educadores especializados, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romano. Tribuno da plebe (67 a C), propuxo a lei que lle outorgou a Pompeio o poder absoluto sobre as costas durante a guerra contra os piratas. Pretor (61 a C) e cónsul (58 a C), apoiou a condena de Cicerón ao exilio. Gobernador de Siria (57 a C), interveu militarmente en Exipto sen o consentimento do Senado para restablecer a Ptolomeo Auletes no trono, pero durante a súa ausencia producíronse desordes e unha sublevación en Siria que non puido sufocar ata o 54 a C. De volta a Roma foi acusado e condenado ao exilio. Achegouse a César durante a guerra civil. Morreu nunha expedición contra os dálmatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no xentilicio romano Gabinius, sobrenome dunha estirpe romana; significa ‘oriúndo de Gabio’, antiga cidade do Lazio. Levan este nome san Gabino de Roma (III), mártir romano, celebrado o 19 de febreiro, e un mártir de Sardeña, da mesma época, que se celebra o 30 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gabino Rey Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu no lugar de Telleiro, en Barreiros (Baiona). As súas armas levan un escudo partido: a primeira partición, cuarteado: primeiro e cuarto, en campo de prata, tres flores de lis de goles, postas en pao; segundo e terceiro, en campo de prata, unha man de carnación, movente do flanco destro, sostendo unha vara; segunda partición, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata; no xefe deste segundo cuartel, un minguante de prata e cinco estrelas de ouro, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s III) Mártir romano en tempos do Emperador Diocleciano. Segundo a lenda, foi pai de santa Susana e irmán do Papa Caio. Convertido ao cristianismo, fíxose sacerdote e foi martirizado xunto coa súa filla no ano 296. A súa festividade celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción. Creou unha linguaxe persoal e reiterada con pranchas metálicas furadas. Realizou obras de carácter monumental, entre outras, Homenaje a la Investigación Espacial, na Central Hidroeléctrica de Castrelo de Miño (1969), e Estela de Venus IV, no Museo de Escultura al Aire Libre do Paseo de La Castellana (Madrid, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Jean Gabin, foi o prototipo de home duro e un destacado intérprete do inspector Maigret, como en Maigret voit rouge (1963). Cómpre salientar os filmes La nuit est mon royaume (premio ao mellor actor en Venecia, 1951), Touchez paus au grisbi (1954, premio ao mellor actor en Venecia), Archimède, le clochard (1959, Silberner Bär en Berlín), Le chat (1971, Silberner Bär en Berlín) e L’année sainte (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO