"Gambia" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
RIOS
Río de África occidental (750 km). Nace no macizo montañoso de Fouta Djalon, en Guinea, penetra en Senegal, atravesa Gambia e desemboca no Océano Atlántico; forma un amplo esteiro, preto do porto de Banjul.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental que limita ao N, L e S con Senegal e ao O co Océano Atlántico (11.295 km2; 1.305.000 h [2000]). Esténdese entre os 14° 13° S de latitude N e os 17° 14° de lonxitude O. A capital é Banjul.
Xeografía físicaRelevo, climatoloxía e hidrografía
VER O DETALLE DO TERMO
Está formada por unha estreita franxa de terreo de 330 km de lonxitude de L a O e entre 35 e 45 km de media de N a S. O seu relevo é baixo e pantanoso ao O, e lixeiramente ondulado ao L. Todo o país forma parte da conca inferior do río Gambja, que o percorre de L a O. O clima é subtropical, cunha estación cálida, outra húmida e temperada, e outra seca. Durante a estación temperada, de decembro a abril, sopran ventos secos e poirentos do Sáhara, con escasas precipitacións e humidade moderada. O monzón do SO trae a estación das chuvias con grandes tormentas desde xuño a outubro. A temperatura anual varía entre os 7°C ata os 43°C. A precipitación media anual é duns 1.016... -
-
Relativo ou pertencente a Gambia e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Gambia.
-
-
REXIÓNS
Rexión de África occidental, formada pola conca hidrográfica dos ríos Senegal e Gambia, correspondente aos estados de Senegal, Gambia e parte de Mali e de Guinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONFEDERACIONS
Confederación dos estados de Senegal e Gambia, acordada polo Tratado de Dakar (1981) e vixente entre 1982 e 1989. Pretendía conseguir a unión económica e monetaria dos dous estados membros, a integración das forzas armadas e a coordinación das relacións exteriores, aínda que cada un dos estados mantiña a independencia e a soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Senegambia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Senegambia.
-