"Gilbert" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra francés. Foi discípulo de D. Milhaud, de O. Messiaen e de P. Boulez. Hai que destacar, entre as súas obras: Diaphonies, para dous grupos de doce instrumentos; Sonata pian ‘e forte (1974), para dúas voces e conxunto de cámara; e Une saison en enfer (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor francés. É autor de cancións de temas moi variados. Así mesmo, foi intérprete e compositor de música para o cine (Casino de Paris, 1957), e autor dunha cantata L’enfant à l’étoile (O rapaz na estrela, 1961) e da Opéra d’Aran (Ópera de Aran, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Autor de novelas de cariz social e de signo cristián, publicou Les saints vont en enfer (Os santos van ao inferno, 1952), Chiens perdus sans collier (Cans perdidos sen colar, 1954) e Et moi aussi je vous aimais (E eu tamén vos amaba, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi crítico literario e con Heretics (1905) iniciou as obras de pensamento de tendencia católica. Escribiu obras históricas e sociolóxicas de sentido demócrata e anticapitalista. Destacou tamén como poeta e como novelista, entre outras obras con The Man who was Thursday (1908) e coas narracións policíacas do Padre Brown (1911-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo brasileiro. Renovou os estudios sociais na utilización de fontes ata entón pouco consideradas pola comunidade científica. Publicou, entre outras obras, Casa-Grande e Senzala: formação da familia brasileira sob o rexime da economia patriarcal (1933), Uma cultura ameaçada, a luso-brasileira (1942) e Interpretação do Brasil: aspectos da formação social brasileira como proceso de amalgamento de raças e culturas (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do Océano Pacífico central, que en 1979 se integrou no estado independente de Kiribati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División xeocronolóxica baseada no paleomagnetismo. É a cuarta época magnetostratigráfica, de polaridade inversa, que comezou hai 5,3 e finalizou hai 3,4 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular norteamericano. Foi profesor na Universidade de Harvard e, xunto con outros científicos, fundou a empresa biotecnolóxica Biogen. No campo da xenética participou no desenvolvemento das técnicas de recombinación xenética; débenselle os nomes de exón e intrón e o método para determinar a secuencia de bases nos ácidos nucleicos. Compartiu o Premio Nobel de Química de 1980 con F. Sanger e con P. Berg, polos traballos que permiten establecer un método de identificación da secuencia de bases do ADN e do ARN, no que certos reactivos químicos non enzimáticos escinden as cadeas só polas posicións que ocupa un nucleótido determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e físico inglés. Foi un dos iniciadores do estudo experimental dos fenómenos magnéticos. Descubriu o magnetismo terrestre e ideou o primeiro electroscopio. A súa obra máis importante é Tractatus sive physiologia nova de magnete magneticisque corporibus et de magno magnete tellure (1600).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense.   Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo francés. Obtivo un grande éxito coas comedias Les petits auvergnats (1797), Coelina, ou l’enfant du mystère (1801), Le chien de Montargis (1814), Le mont sauvage (1821) e outros melodramas, polo que está considerado un dos creadores deste xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Da súas obras destacan Philosophical Arguments (1945), The Concept of Mind (1949), Dilemmas (1954), A Rational Animal (1962), Plato’s Progress (1966) e Collected Papers (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Adscrito ao historicismo gótico, das súas obras destacan a Martyrs’ Chapel en Oxford (1841), a casa do concello, o palacio do senado e a estación de Hamburgo, o cárcere de Reading (1842) e o monumento ao príncipe Alberte en Hyde Park (Londres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Irwin Shaw, dedicouse ao teatro, con pezas como Bury the Dead (1936), The Gentle People (1939) ou The Assassin (1945) e posteriormente á novela, como Rich Man, Poor Man (1970), convertida en serie televisiva, e Beggarman, Thief (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou con B. West en Londres, onde recibiu a influencia de J. R. Reynolds e T. Gainsborough. Destacan os seus retratos de Washington, Reynolds e Matilde Stoughton.

    VER O DETALLE DO TERMO