"Gomphus" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Xénero de fungos da familia das gonfidiáceas que produce uns cogomelos co sombreiro de ata 7 cm de diámetro, de superficie de cor vermella e viscosa e cun umbo que aparece durante o crecemento. Posúe láminas decorrentes, grosas, de cor rubia, que se converten en negro na madureza do corpo frutífero. O cogomelo ten un pé de ata 8 cm de lonxitude, rubio e cun anel lixeiro formado polos restos do veo. En Galicia está presente a especie C. rutilus, baixo piñeiros, que resulta comestible pero insípida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de libélulas, da familia dos gónfidos, duns 5 cm de lonxitude, que presentan ás posteriores non pecioladas e as anteriores si, con venación disimilar en ambos os dous pares, que, en repouso, permanecen en posición horizontal en cruz co eixe lonxitudinal do corpo, e son de vo rápido, pero curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos odonatos, que presentan o corpo alongado e de cor amarela con bandas de cor negra. En Galicia aparece a especie O. uncatus que está considerada de interese especial.

    VER O DETALLE DO TERMO