Chroogomphus

Chroogomphus
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das gonfidiáceas que produce uns cogomelos co sombreiro de ata 7 cm de diámetro, de superficie de cor vermella e viscosa e cun umbo que aparece durante o crecemento. Posúe láminas decorrentes, grosas, de cor rubia, que se converten en negro na madureza do corpo frutífero. O cogomelo ten un pé de ata 8 cm de lonxitude, rubio e cun anel lixeiro formado polos restos do veo. En Galicia está presente a especie C. rutilus, baixo piñeiros, que resulta comestible pero insípida.