Chroococcus

Chroococcus
[MONERA]

Xénero de cianobacterias da orde das croococais, de cor verde agrisada, reunidas en pequenos grupos por cápsulas delgadas e incoloras. Viven en auga doce e sobre superficies húmidas.