Chrysler Corporation

Chrysler Corporation

Empresa fabricante de automóbiles fundada en Detroit en 1925 por Walter Percy Chrysler (1875-1945), que a dirixiu ata a súa morte. En Europa creou as filiais Chrysler United Kingdom Ld no Reino Unido (ata 1970, Roots Motor Ld), Chrysler France SA (ata 1970, Automóviles Simca) e Chrysler España SA (ata 1970, Barreiros Diesel SA). Por mor dunha forte crise na empresa a mediados dos setenta do s XX, Chrysler vendeu as filiais de Europa ao grupo Peugeot-Citroën, feito que deu lugar á creación de Talbot.

Palabras veciñas

Chroogomphus | Chrysallida | Chrysanthemum | Chrysler Corporation | Chrysocooccyx | Chrysomela | Chrysopa