"Gramont" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Independentista cubano. Estudiou leis e uniuse a Céspedes contra os españois (1868). Redactou a primeira Constitución da República Cubana (1869). No 1870 foi o xefe das tropas rebeldes. Morreu en acción de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos agramonteses.
-
Membro dun dos dous bandos (agramonteses e beaumonteses) en que se dividía o Reino de Navarra dende mediados do s XIV ata comenzos do XVI. Con motivo da sucesión da Raíña Branca de Navarra (1441) os beaumonteses puxéronse do lado de Carlos, príncipe de Viana, mentres que Pedro de Agramonte se aliñou co pai daquel, o Rei viúvo Xoán de Aragón. No 1512, os agramonteses axudaron a Fernando II de Aragón, o Rei Católico, á anexión de Navarra, primeiro á coroa aragonesa, e despois á de Castela (1515).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal orixinaria do burgo de Gramont, en Lapurdi (Navarra). Entre os seus membros destacaron Gabriel de Gramont (?-1534), bispo de Coserans, Tarbes e Poitiers, arcebispo de Bordeos e Toulouse, cardeal e embaixador ante o Emperador Carlos V; Antoine III de Gramont (1604-1678), duque de Gramont, mariscal de Francia, vicerrei de Navarra e diplomático; Antoine IV Carlos de Gramont (1640-1720), duque de Gramont e embaixador ante Filipe V (1704); e Antoine Agénor (1819-1880), duque de Gramont, diplomático e ministro de Asuntos Estranxeiros de Napoleón III.