"Gundar" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar un acto inmediatamente ou pouco despois de facelo por vez primeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que probablemente procede do antigo nome xermánico Guntard, composto do verbo *gunthi ‘loitar’ e o adxectivo hardu ‘forte, robusto’. Presenta a variante Gondar e consérvase tamén como apelido. Eduardo Pondal recólleo como topónimo e como antropónimo; o rapsoda celta Gundar, o bardo de Brigantia, alter ego do propio autor. A súa festividade celébrase o 17 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo literario masculino que procede do topónimo de orixe xermánica (actual Gundriz, parroquia de Samos), patronímico de Gonterigo, antigo nome medieval, probablemente formado por *gunde ‘combate’ e rik ‘xefe’. Como personaxe literario aparece personificado en Queixume dos pinos de Eduardo Pondal como un heroe celta galego que foi loitar a Irlanda co gallo de axudar o heroe ossiánico Cairbar.