Gundar

Gundar
[ONOM]

Antropónimo masculino que probablemente procede do antigo nome xermánico Guntard, composto do verbo *gunthi ‘loitar’ e o adxectivo hardu ‘forte, robusto’. Presenta a variante Gondar e consérvase tamén como apelido. Eduardo Pondal recólleo como topónimo e como antropónimo; o rapsoda celta Gundar, o bardo de Brigantia, alter ego do propio autor. A súa festividade celébrase o 17 de maio.