"Hamm" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • ‘Abd al-Karim .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político caxemirés. Fundou, no 1938, a Conferencia Nacional defensora dos dereitos da maioría musulmana. Trala escisión entre Paquistán e a India (1947), en principio favorable para a India, foi Primeiro Ministro da Caxemira (1948-1953). Debido á súa actitude favorable á independencia de Caxemira foi encarcerado (1953-1964). Despois do seu exilio (1971-1972), volveu ser Primeiro Ministro de Jammu e Caxemira (1975-1977 e 1977-1982) e líder do National Conference Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico paquistaní. Fundou no ano 1964 o Centro Internacional de Física Teórica de Trieste, destinado á formación de científicos do Terceiro Mundo. Especializado en física de partículas, recibiu o Premio Nobel de Física do 1979, compartido con S. Glashow e S. Weinberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro Cadí (gobernador) e Imán de Mallorca. Morreu na defensa de Palma de Mallorca durante o asedio de Xaime I o Conquistador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar exipcio. Foi membro da organización dos oficiais libres que provocou a caída da monarquía exipcia (1952) e formou parte do consello da revolución. Cando se proclamou a República Árabe Unida (1953-1962) foi designado comisionado especial en Siria (1959-1961). Así mesmo accedeu ao cargo de Vicepresidente da RAU (1964) cando esta quedara reducida na práctica a un consello coordinador conxunto entre Exipto, Siria e Iemen. Foi Comandante en xefe das forzas da Liga Árabe (1964-1967) e conseguiu a colaboración militar da URSS (1966) para esa organización. Por mor do fracaso exipcio diante das forzas israelís (1967), no terceiro conflito árabe-israelí, retirouse. Despois de participar nunha conspiración contra Nasser, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Imán do Iemen. Sucedeu a seu pai, o Imán Ahmad, en 1962. A pesar da súa anterior actividade liberal, mantivo as institucións autoritarias do país baixo o consello de Sa’ud ibn ‘Abd al-’Azīz de Arabia. Destronado polo golpe de estado do coronel Sallal ese mesmo ano, refuxiouse nas montañas do interior do país e iniciou unha guerra civil (1962-1970) apoiado polas tribos beduínas iemenís e por Arabia Saudí. Despois disto, exiliouse en Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político alxerino, coñecido como Hourai Boumedienne. De orixe humilde, participou na loita colonial desde 1955 e integrou o consello político de Tilimsen, que preparou a revolta militar que levou ao poder a Ahmed Ben Bella en 1962. Foi ministro de Defensa e vicepresidente do goberno en 1963. Dirixiu o golpe militar que derrocou a Ben Bella en 1965 e estivo ao mando do Consello da Revolución, desde onde adoptou unha política socialista e nacionalista árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de leis e editos auspiciada por Hammurabi, monarca da primeira dinastía de Babilonia (1793-1750 a C). Constitúe o primeiro código coñecido da historia, do que se conservan 282 artigos, estruturados en tres partes seguindo as tradicións lexislativas sumerias e acadias: un prólogo, o corpo legal e o epílogo. Comeza cunha explicación dos códigos relixiosos de Asiria e Babilonia e logo presenta unha guía de procedementos legais, a imposición de penas por acusacións inxustificadas, o falso testemuño e os erros xudiciais. Recolle tamén disposicións sobre o dereito de propiedade, préstamos, depósitos, débedas, propiedade doméstica e dereitos familiares, e regula os prezos de diferentes tipos de servicios comerciais. Presenta como base do dereito penal a Lei de Talión, común entre os pobos semitas. Unha das funcións primordiais era proporcionarlles protección a todas as clases sociais babilónicas, fundamentalmente aos pobres e aos escravos contra a inxustiza dos ricos e poderosos. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicador turco. Foi un dos fundadores da seita dos drusos e predicou a encarnación de Deus no califa fatimita al-Hākim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro do canon pali, síntese das ensinanzas budistas. Tamén se coñece co nome de Majjhima Paipada (Vía media) e de Ariya A ṭṭ hanga Magga (Nobre camiño óctuple).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. Xiíta, destacou polas súas composicións de tema báquico e místico, que lle ocasionaron frecuentes problemas coa ortodoxia do poder reinante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (181.804 h [2000]). Situada na conca do Ruhr, ten minas e carbón e industria metalúrxica e química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hammaditas.

    2. Membro da dinastía bérber ṣanhāyī que gobernou Magreb Central entre o 1017 e o 1152. Vasalos dos fatimitas do Cairo, declaráronse independentes en tempos de Ḥammād ibn Buluǧǧīn (1016) e instalaron a capital do novo estado na cidade de Qal’at banī Ḥammād; aínda que posteriormente a trasladaron, con vistas a favorecer o comercio marítimo, a Bougie (1091). En 1152 integráronse no Imperio Almohade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático sueco. Foi ministro de Estado e secretario xeral da ONU (1953-1961). Morreu en accidente aéreo, cando se encontraba en misión diplomática na República Democrática do Congo. Recibiu, a título póstumo, o Premio Nobel da Paz (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se dá nos países xermánicos ao piano da época da transición entre o clavecín e o piano actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Creador da novela negra, escribiu nun estilo conciso e directo obras nas que trataba os aspectos máis violentos da sociedade norteamericana. En 1929 publicou Red Harvest e The Dain Curse. Tamén destaca The Maltese Falcon (1930), levada ao cine por J. Huston (1941), e The Glass Key (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hammuditas.

    2. Membro dunha familia bérber instalada na rexión de Málaga. Tras fracasar o intento de restauración na figura do falso Hišām II e morto Yahyà (1035), gobernaron a Taifa de Algeciras (1035-1058) e a de Málaga, incorparada ao Reino de Badīs ibn Habus en 1057.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto soberano da dinastía I de Babilonia, fillo de Sinmuballit. Aproveitouse dun período de decadencia de Asiria e emprendeu unha longa campaña contra Rim-Sim de Larsa na que lle arrebatou paulatinamente os territorios de Isine, Uruk (1786). Entre 1782 a C e 1763 a C mantivo unha etapa de intensa actividade diplomática coas potencias da época (Asiria, Larsa, Mari e Ešnunna). Desde o 1762 practicou unha política expansiva na que conquistou Larsa, Mari (1760 a C) e Ešnunna (1755 a C) e someteu toda Mesopotamia. O seu imperio abarcou os territorios de Sumer, Acad e Elam. No interior tentou integrar os diferentes pobos nunha estrutura nacional, unificada ao redor da lingua, a administración e a xustiza. Unha proba deste impulsou foi o Código de Hammurabi, baseado na lei do talión que identificaba o castigo co dano causado, e que recolle as diferencias sociais como principio para avaliar as penas e os castigos.

    VER O DETALLE DO TERMO