Būkharrūba, Muhammad
Būkharrūba, Muhammad
Militar e político alxerino, coñecido como Hourai Boumedienne. De orixe humilde, participou na loita colonial desde 1955 e integrou o consello político de Tilimsen, que preparou a revolta militar que levou ao poder a Ahmed Ben Bella en 1962. Foi ministro de Defensa e vicepresidente do goberno en 1963. Dirixiu o golpe militar que derrocou a Ben Bella en 1965 e estivo ao mando do Consello da Revolución, desde onde adoptou unha política socialista e nacionalista árabe.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Guelma -
Deceso
Lugar : Alxer