"Hampton" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
CIDADES
Cidade do estado de Virginia, EE UU (133.790 h [1990]). Situada na baía de Chesapeake, na costa de Hampton Roads, forma parte da conurbación de Newport News. Acolle instalacións militares (base aérea de Langley) e un centro de investigación aeronáutica e espacial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de edificios iniciados en Inglaterra polo cardeal Thomas Wolsey (1514). Obra mestra da arquitectura Tudor, foi palacio real de Enrique VIII de Inglaterra, que o ampliou e instalou nel o reloxo astronómico. En 1689 sir Christopher Wren iniciou unha reconstrución de ladrillo enriquecido con pedra de Portland, típico exemplo do Renacemento inglés tardío.
-
CAPITAIS
Capital de Northamptonshire, Inglaterra, Reino Unido (192.382 h [1996]). Está situada á beira do río Nene, ao NO de Londres e ao O de Cambridge. É un núcleo importante de industrias do calzado e de peles curtidas desde o s XVII, ademais dun núcleo de industria diversificada. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint Peter e Saint Sepulchre, ambas as dúas do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.367 km2; 625.900 h [estim 2000]). A súa capital é Northampton.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Canadá, situada no Territorio do Noroeste, ao N da baía de Hudson (43.300 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado no canal da Mancha (50 km2; 217.445 h [2001]). Atópase no interior dunha profunda rada, entre o esteiro do Itchen ao L e o do Test ao O. O seu porto é o terceiro de Inglaterra polo tráfico de mercadorías e posúe un dos diques secos máis grandes do mundo. Do seu patrimonio cultural destaca o King John’s Palace (s XII) e a King Edward VI Grammar School (1550).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra, Reino Unido (236.582 h [2001]). Situada ao NL de Birmingham, no chamado Black Country, é un centro industrial grazas ás minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO