Hampton

Hampton

Cidade do estado de Virginia, EE UU (133.790 h [1990]). Situada na baía de Chesapeake, na costa de Hampton Roads, forma parte da conurbación de Newport News. Acolle instalacións militares (base aérea de Langley) e un centro de investigación aeronáutica e espacial.