"Hebe" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • PERSOEIRO

    Escritor nixeriano en lingua inglesa.
    A súa obra amosa as formas, o sincretismo cultural e as corrupcións que resultan da difícil relación entre a cultura occidental e a autóctona.
    Entre as súas obras máis importantes destacan: No longer at ease (Aínda non tanto, 1960), Arrow of God (Frecha de Deus, 1964), A Man of the people (Un home do pobo, 1966), The Drum (O tambor, 1978), Anthills of the Savannah (Formigueiro da sabana, 1987) e Nigeriam topics (Tópicos nixerianos, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa da xuventude, filla de Zeus e Hera. Exerce as funcións de criada no Olimpo; serve o néctar e a ambrosía, axuda a Hera a enganchar o carro, prepara o baño e viste a seu irmán Ares. Nunha ocasión Hebe tropezou e tirou no chan o néctar, daquela, Zeus raptou a Ganimedes e nomeuno copeiro do Olimpo. Cando Heracles se reconciliou con Hera e foi aceptado na morada dos deuses, concedéronlle a man de Hebe, coa que tivo a Alexiares e a Aniceto. Este casamento simboliza para os deuses a súa entrada na xuventude eterna das divindades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Pontevedra a partir do 15 de outubro de 1920. Cesou a súa edición o 17 de abril de 1921 (nº13). Subtitulada “Publicación quincenal”, estivo dirixida por Modesto Bará. Tentou introducir elementos vangardistas no movemento cultural da época e incluíu poesías, algún relato, recensións, e biobibliografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de esquizofrenia que se caracteriza pola súa aparición precoz, entre os 15 e os 25 anos, un comezo insidioso e lento e por trastornos do pensamento con autismo progresivo, incongruencia da afectividade, ideas delirantes, alucinacións, outros síntomas catatónicos menores e grave desorganización da personalidade. Ten un mal prognóstico a causa da súa rápida aparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hebefrenia.

    2. Que ou quen presenta hebefrenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Norte (187.700 km2; 67.440.000 h [2000]). A capital é Shijiazhuang. Situada á beira do golfo de Bo Hai, na conca aluvial do Hai He e do Huang Ho, está densamente poboada. Produce trigo, algodón, froita, patacas e millo. Posúe xacementos de carbón e salinas. Ten industrias téxtiles e de maquinaria agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de basidiomicetos da familia das cortinariáceas. Presentan veo fugaz e cortiniforme que protexe o himenio na súa xuventude, pedicelo confluente, cutícula viscosa de cor parda que se decolora con relativa facilidade, e marxe incurvada con restos de veo. O pé é fibroso e lixeiramente bulboso un pouco máis escuro ca o píleo. Presenta esporada e láminas ferruxinosas na madurez. É un fungo gregario e ectomicorrizóxeno que se desenvolve en aciñeirais e piñeirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político revolucionario francés. Fundador do diario Le Père Duchesne (1790) e membro do Club des Cordeliers. Foi dirixente da á máis revolucionaria dos montagnards. Crítico con Robespierre, foi condenado e executado na guillotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a J. R. Hébert.

    2. Seguidor de J. R. Hébert. Os hebertistas constituíron a á radical dos xacobinos e controlaron o Club des Cordeliers, e a maior parte das sociedades populares. Destacaron P.G. Chaumette e J. Bouchotte. Apoiáronse na súa influencia na Comuna de París, defenderon a taxación e a requisa das provisións, contra os acaparadores e contra os ricos, fronte aos que propugnaron unha política de terror. Baixo a súa presión foron votadas diversas leis e foi instituído o culto á razón. En marzo de 1794 organizaron unha insurrección e Robespierre, a quen acusaban de moderado, fíxoos arrestar e executar, disolvendo o Club dos Cordeliers.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África nororiental, duns 1.100 km de lonxitude, que rega parte de Etiopia e Somalia. Nace na banda etiópica de Great Rift Valley e desemboca no Océano Índico, preto de Jumboo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Jowzjān, Afganistán, situada no centro do país (20.000 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO