Hebei

Hebei

Sheng de China, na rexión do Norte (187.700 km2; 67.440.000 h [2000]). A capital é Shijiazhuang. Situada á beira do golfo de Bo Hai, na conca aluvial do Hai He e do Huang Ho, está densamente poboada. Produce trigo, algodón, froita, patacas e millo. Posúe xacementos de carbón e salinas. Ten industrias téxtiles e de maquinaria agrícola.