"Isis" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos bradisismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ascendente ou descendente do solo nunha área determinada da superficie terrestre. Obsérvase especialmente nas áreas costeiras, onde a superficie do mar dá un nivel de referencia.
-
TERRITORIOS
Territorio feudal francés, situado arredor da vila de Clermont. Xa se constituíu como condado en 1023. Formou parte en 1269 do dote de Roberto de Francia, ascendente dos duques de Borbón; máis tarde doouse á rama dos Borbón-Condé. O título condal correspóndelle ao fillo do gran conde de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luigi Filippo Tibertelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Ferrol a partir de setembro de 1990 polo Club de Prensa da cidade departamental. Dirixiuna Germán Castro Tomé (1990-1999) e Julia Díaz Sixto (2000). Patrocinada polo Concello de Ferrol e por diversas empresas, o seu obxectivo principal é servir como medio de reflexión e debate sobre os avances da ciencia e tecnoloxía, a cultura e o saber, cunha atención especial á propia cidade. Deste xeito, incluíu análises históricas referidas a Ferrol e a súa importancia na historiografía galega contemporánea, a realidade lingüística da comarca ferrolá, os problemas de contaminación das rías, a crise industrial, o comercio, o urbanismo, a sanidade, etc. Na súa elaboración colaboran destacados xornalistas e intelectuais galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento anormal da secreción hipofisaria, especialmente do lóbulo anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa exipcia, irmá e esposa de Osiris, e nai do deus-sol Horus. Na época helenística converteuse en deusa universal. Na mitoloxía grecorromana asimilouse a Io e Deméter Skandërbeg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxica que sostén a subsistencia da persoa de Xesús Cristo nunha soa natureza, divina, despois da encarnación. Foi o monxe Eutiques quen formulou abertamente as teses monofisitas en Constantinopla. A súa doutrina atopou unha boa acollida en Alexandría, onde o patriarca Dióscoro viu nela un excelente instrumento de loita contra as ambicións dos bispos de Constantinopla. Eutiques conseguiu de momento o triunfo do bando alexandrino no Latrocinio de Éfeso (449), a pesar das protestas do Papa León I. Coa morte do Emperador Teodosio II (450), a situación cambiou radicalmente e Eutiques foi desterrado. No Concilio de Calcedonia (451) destituíuse a Dióscoro de Alexandría e impúxose a tese da dobre natureza de Xesús Cristo, humana e divina. As igrexas que quedaron englobadas dentro da tradición monofisita son a copta, a etíope, a siríaca occidental ou xacobita e a armenia.
-
-
Amor dirixido cara ao propio eu ou ao ideal do eu. Orixinariamente dáse nas primeiras fases libidinosas, coñecido como narcisismo primario. O narcisismo secundario forma parte das enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia e a paranoia. Un certo grao de narcisismo forma parte necesariamente da personalidade.
-
Satisfacción ou admiración excesiva dun mesmo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao narcisismo.
-
Que ou quen está afectado de narcisismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pausa ou intervalo anterior á sístole.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen descende de Pisístrato.
-
PERSOEIRO
Político grego. Como aristócrata dirixiu o partido da montaña, que agrupaba os campesiños pobres do interior da Ática e a xente máis humilde da cidade. En 546 a C erixiuse en tirano de Atenas. Tivo amizade con todos os estados gregos e proporcionoulle a Atenas unha etapa de paz e prosperidade. Instituíu as grandes festas dionisias. Foi sucedido polos seus fillos Hipias e Hiparco.
VER O DETALLE DO TERMO