Ferrol Análisis
Ferrol Análisis
[PUBLIC]
Revista editada en Ferrol a partir de setembro de 1990 polo Club de Prensa da cidade departamental. Dirixiuna Germán Castro Tomé (1990-1999) e Julia Díaz Sixto (2000). Patrocinada polo Concello de Ferrol e por diversas empresas, o seu obxectivo principal é servir como medio de reflexión e debate sobre os avances da ciencia e tecnoloxía, a cultura e o saber, cunha atención especial á propia cidade. Deste xeito, incluíu análises históricas referidas a Ferrol e a súa importancia na historiografía galega contemporánea, a realidade lingüística da comarca ferrolá, os problemas de contaminación das rías, a crise industrial, o comercio, o urbanismo, a sanidade, etc. Na súa elaboración colaboran destacados xornalistas e intelectuais galegos.