"Isorna" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da vila de Isorna, en Rianxo. Con diferente grafía, utilízase tamén a forma toponímica Isorna. As súas armas levan: en campo de prata, cinco correas de goles con fibelas de ouro, postas en banda. O escudo empregado polo arcebispo de Santiago Álvaro de Isorna leva escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de prata, con cinco bandas de azul; segundo e terceiro cuarteis, en campo de azul, con cinco lises de ouro postas en aspa.
-
GALICIA
Deseñador gráfico, ilustrador e debuxante de historietas coñecido como Fausto Isorna. O seu traballo no eido do deseño vincúlase con proxectos editoriais e culturais: cartelerías e promocións para grupos de teatro como Chévere, Teatro do Aquí ou Ollomoltranvía; imaxe corporativa e divulgación da Sala Nasa; cubertas para libros e catálogos de artistas plásticos, así como discos para grupos como Milladoiro, Fuxan os Ventos ou Cristina Pato. Director artístico da revista Golfiño, creou e editou a revistas Valiundiez e Das Capital. Colaborou nos xornais El Correo Gallego e El Mundo e nas revistas Tintimán, Aula Aberta, Coordenadas. Como historietista colaborou en Aula Aberta, Tintimán, Coordenadas, Valiundiez, Das Capital, Golfiño e Animal+L, e publicou, entre outros, os libros Os viaxeiros do tempo, A irmandade dos lectores tristes, Flores dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, cinco correas de goles postas en banda con cabos, chatolas e fibelas de ouro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Isorna (Rianxo). As súas armas traen, en campo de prata, cinco correas ou cintos de goles, con fibelas de ouro, colocados en banda. Outra variante leva escudo cuarteado en cruz: primeiro e cuarto, de prata, con cinco correas ou cintos de goles, con fibela de prata; segundo e terceiro, de azul, con cinco flores de lis, de ouro, colocadas en aspa. Recóllese tamén coas formas Isona e Iserna.
-
GALICIA
Poeta. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi lector de español na Universidade de Königsberg. Influído pola obra poética de Antonio Machado, escribiu Campanas de Palo (1959) e Voz en blanco y 3 poemas abstractos (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Foi delegado diocesano de Medios de Comunicación Social da Curia Diocesana en Santiago de Compostela e delegado da radio vaticana en Galicia. Colaborador en La Noche e El Correo Gallego, foi director de El Eco Franciscano (1950-1959) e da revista Aquí, San Antonio. Ademais, exerceu como asistente provincial, vicerrector do Seminario franciscano, definidor provincial, superior dos conventos de Pontevedra e Ourense, e reitor de San Francisco el Grande de Madrid. Escribiu, entre outras obras, Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950), Así fue esta mujer (1953), El alma franciscana de Gabriela Mistral (1957), A nai galega (1971), Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (1976) e Sebastián Martínez-Risco (1978). Foi galardoado co Premio Nacional del Consejo Superior de Misiones (1945) e co trofeo Galeguidade (2002). Ademais, foi nomeado Hermano Mayor de la Archicofradía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Núñez de Isorna.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1400-1415) e de León (1415), e arcebispo de Santiago de Compostela (1445-1449). Asistiu ao Concilio de Basilea, presentou as bases para o asentamento do convento beneditino nesta cidade e promulgou unha bula de indulxencias en 1426. Como arcebispo de Santiago de Compostela mellorou a situación dos campesiños.
VER O DETALLE DO TERMO