Isorna
Isorna
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Isorna (Rianxo). As súas armas traen, en campo de prata, cinco correas ou cintos de goles, con fibelas de ouro, colocados en banda. Outra variante leva escudo cuarteado en cruz: primeiro e cuarto, de prata, con cinco correas ou cintos de goles, con fibela de prata; segundo e terceiro, de azul, con cinco flores de lis, de ouro, colocadas en aspa. Recóllese tamén coas formas Isona e Iserna.