"Israel" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos bélicos producidos pola creación do Estado de Israel e a súa non aceptación por parte dos países de cultura árabe. A decisión tomada pola ONU en novembro do 1947 de dividir Palestina en dous estados, un deles xudeu (Israel) e o outro árabe, provocou a invasión inmediata de Israel (15.5.1948) por parte da Liga Árabe, principiando a Primeira Guerra Árabe-israelí. Inesperadamente os exércitos árabes foron derrotados e parte da poboación palestina emigrou (780.000 refuxiados). Exipto primeiro (1949) e logo o resto dos estados árabes, asinaron un armisticio polo que cedían Nazaré, a Galilea occidental, o deserto do Nagueb e parte de Xerusalén ao Estado de Israel. O illamento internacional de Exipto pola nacionalización do canal de Suez (1956) deu a Israel a ocasión para responder cunha guerra “preventiva” contra as ameazas de Nasser; esta Segunda Guerra Árabe-israelí rematou sen alteracións territoriais. En maio de 1967 Nasser bloqueou o golfo de Aqaba (única saída de Israel ao Mar...
-
PERSOEIRO
Bioquímico norteamericano de orixe polonesa. Destacou no estudo da fotosíntese, campo en que descubriu, no ano 1954, a transformación da enerxía lumínica en enerxía química utilizable (ATP). Describiu tamén algúns dos intermediarios do esquema Z, modelo de transporte de electróns da fotosíntese.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, conde de Beaconsfield. Descendente dunha familia de xudeus, foi elixido membro do Parlamento inglés en 1837. Politicamente, decantouse cara á tendencia radical do Tory Party e, en 1842, aproximouse ao movemento da Young England, ideoloxicamente definido como conservadorismo popular. Durante os primeiros anos da súa carreira política foi un firme defensor do proteccionismo, pero acabou aceptando o libre cambio como un feito consumado e intentou que o proteccionismo deixase de ser unha das consignas do conservadorismo. Foi chanceler do Exchequer (ministro de Finanzas) en tres ocasións (1852, 1858-1859 e 1866-1867) e primeiro ministro de febreiro a decembro de 1868. En 1872 estableceu as bases do Conservative and Unionist Party. Ocupou novamente o cargo de primeiro ministro (febreiro de 1874-abril de 1880) e foi líder do partido ata a súa morte. Como primeiro ministro realizou importantes reformas sociais, entre outras destacan a lei sobre saúde pública e a redución da...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Asia occidental enclavado en Palestina. Limita ao N con Líbano e Siria, ao L con Xordania, ao S co golfo de ‘Aqaba e ao O con Exipto e o Mar Mediterráneo (20.700 km2; 6.372.000 h [estim 2001]). Ademais, ocupa e administra os territorios de Cisxordania e os Altos do Golán. A banda de Gaza e a cidade de Xericó dispoñen, desde 1994, dun réxime autonómico especial baixo a autoridade nacional palestina. A capital é Xerusalén, pero o seu estatus permanece discutido por unha gran parte da comunidade internacional.
Xeografía física
O territorio do estado de Israel comprende de O a L unha chaira litoral que se estende á beira do Mar Mediterráneo, unha banda de outeiros pouco elevados no interior e, finalmente, unha depresión ocupada polo val do Xordán e o Mar Morto, onde se acadan os 396 m baixo o nivel do mar. Ao S localízase o Negueb, rexión desértica limitada ao L por Xordania e ao O polo Sinaí. O clima é mediterráneo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelativo de Xacob, quen lle deu nome ao pobo de Israel.
-
PERSOEIRO
Rabino e escritor. Iniciador do hasidismo, empregou o pseudónimo de Ba’al Šem Ṭ ōb ‘O amo do bo nome’.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo protagonista da historia bíblica. Segundo a tradición da Xénese, os antepasados de Israel foron os patriarcas hebreos Abrahán, Isaac e Xacob e os doce fillos deste último foron os proxenitores das doce tribos do pobo. Segundo a crítica histórico-literaria e a arqueoloxía, os antepasados deste pobo eran pastores seminómades de orixe amorreo que emigraron a Canaán cara ao s XVIII a C. Desde alí instaláronse en Exipto. Desterrados, regresaron a Canaán a través do Sinaí, onde a tradición do Éxodo sitúa unha primeira alianza relixiosa das tribos, baixo o lexislador, Moisés. As tribos de Israel desde ese momento convertéronse no pobo de Iavé. En Siquen, os grupos chegados de Exipto e os que non se moveran do país establecen unha alianza baixo a autoridade de Xosué. Desde entón Israel é o “pobo de Israel ” e constituíu o elemento máis importante dentro da poboación do país, capaz de resistir as invaxións dos filisteos (s XII a C). A presión filistea, sen embargo, demandaba máis unión e o...
-
REINOS
Monarquía unida das doce tribos de Israel durante os reinados de Saúl, David e Salomón.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Monarquía unida de dez das doce tribos do pobo de Israel, en contraposición co Reino de Xudá, que xurdiu tralo cisma de Xeroboam I. Este estableceu inicialmente a nova capital en Siquem e despois en Tirça, e instalou un santuario nacional para as dez tribos en Dan. O goberno dos vinte reis que se sucederon no trono de Israel en diversas dinastías caracterizouse pola apostasía do culto de Iavé, a favor do de Baal, a inxustiza social e a intriga política. Coa excepción dalgúns períodos de calma e éxito comercial, o reino permaneceu baixo a presión constante dos inimigos externos. Omri (885 a C- 874 a C) trasladou a capital a Samaria, e no reinado de Xeroboam II (783 a C- 743 a C) Israel posuía a maior parte dos territorios conquistados por David e Salomón, pero perdeunos de novo con Menahen (737 a C-736 a C). Oseas (732 a C-724 a C) tentou establecer unha alianza con Exipto pero Salmanasar V de Asiria sitiou Samaria (723 a C-722 a C). A capital caeu baixo o dominio de Sargón II en 721,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencenre a Israel ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Israel.
-
Literatura desenvolvida no Estado de Israel, tamén coñecida como literatura hebrea.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Israel ou o antigo Reino de Israel.
-
Natural ou habitante de Israel, ou do antigo Reino de Israel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Israel ou aos israelitas.
-
PERSOEIRO
Director teatral e pedagogo austríaco. Coñecido como Lee Strasberg, foi o creador, influenciado pola psicanálise, do método Stanislavskij, un sistema de ensino que se basea na memoria emocional á que recorre o actor para facer xurdir unha emoción real.
VER O DETALLE DO TERMO