"Izis" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. De nome Israel Bidermanas, abriu o seu primeiro estudo en París en 1934. Axudou á Resistencia francesa na ocupación alemá de Francia e traballou para a revista Paris-Match (1949-1969). Publicou numerosos traballos fotográficos con textos de Jacques Prévert, como Paris des rêves (1950), Grand Bal du Printemps (1951), Le cirque d’Izis (1965) e Paris des Poètes (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Asia central que limita ao N con Kazakhstán, con China ao SL, con Taxikistán ao O, e ao S e ao O con Uzbekistán (199.900 km2; 4.968.000 h [estim 2001]). A súa capital é Biškek.
    Xeografía física
    País montañoso, máis da metade do territorio encóntrase entre os 1.000 e os 3.000 m de altitude e aproximadamente un tercio a altitudes comprendidas entre os 3.000 e os 4.000 m. No extremo L, na fronteira con China, o pico Pobedy é a máxima altitude do país (7.439 m). Esta rexión atópase no corazón da cordilleira do Tian Shan, de onde, desde China, xorden diversas aliñacións que en dirección O penetran en gran parte do territorio do Kirguizistán. Na fronteira S encóntranse as cordilleiras de Kokšaalatau, Alay e Zaaljek, esta última pertencente a Pamir. A área de neves perpetuas supera os 6.000 km2 e inclúe parte do glaciar de Inchylek. As terras baixas, de grande importancia económica, localízanse no val de Fergana, ao SL,...

    VER O DETALLE DO TERMO